martes, 17 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, anunciou este martes a ampliación do Programa de Avellantamento Activo a cinco novas entidades viguesas no mes de setembro co obxectivo de estender esta iniciativa ao "maior número posible de parroquias e barrios da cidade". María Méndez así o afirmou durante a visita que esta mañá realizou ao pavillón das Travesas, onde se estaba desenvolvendo un dos cursos que forman parte do programa, neste caso de ximnasia e recoñecemento médico.
luns, 16 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez, anunciou este luns que a galescola situada na rúa Palencia porase en marcha no mes de setembro, co inicio do curso 2008/2009. María Méndez así o asegurou tras a sinatura dun convenio co vicepresidencia da Xunta, Anxo Quintana, na que participaron un total de 24 concellos galegos.
xoves, 12 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, salientou este mércores a importancia de estender o Programa de Avellantamento Activo ao "maior número posible de parroquias de Vigo". María Méndez así o subliñou no transcurso da visita que realizou á Asociacion de Veciños de Coruxo e a xuntanza que mantivo cos seus responsables, que se enmarca na rolda de visitas que a edil do BNG está a realizar nas distintas entidades que desenvolven o Programa de Avellentamento Activo posto en marcha pola Concellería de Benestar Social.
xoves, 12 xuñ 2008
Concretar as accións que a Concellería de Benestar Social desenvolverá no segundo semestre do 2008 en relación as persoas con discapacidade foi o principal obxectivo do encontro que este xoves mantivo a responsable deste departamento do Concello de Vigo, María Méndez, co colectivo Paso Vigo. Ademais, a reunión servíu tamén de encontro preparatorio do Consello Municipal de Accesibilidade, segundo informou María Méndez.
mércores, 11 xuñ 2008
"Esperamos vervos en ano e medio", manifestou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez, este mércores no acto de colocación da primeira pedra do complexo deportivo e de benestar de Coia. Segundo Santi Domínguez, o plazo de execución das novas infraestruturas, que contarán con tres piscinas, un área de benestar, catro salas de actividades, un ximnasio e vestiarios para máis de sete mil adaptados, é de entre doce e dezaseis meses.
luns, 9 xuñ 2008
A Casa Galega da Cultura acolle mañá, ás 20 horas, unha conferencia sobre os refuxiados palestinos, segundo anunciou este luns a concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez. O relatorio será impartido por Jesús Núñez Valverde, director do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria e membro da xunta directiva da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA).
mércores, 4 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, expresou este martes a súa aposta pola integración profesional das persoas con discapacidades durante a visita que realizou á nova edición da campaña "De boa man". "Esta iniciativa é unha forma de facer que a diversidade sexa visible na ría", subliñou a edil do BNG, quen animou á cidadanía a achegarse ata a rúa do Príncipe, onde está ubicada a mostra, para coñecer o produto do traballo das persoas usuarias de oito centros de discapacidade da cidade.
mércores, 4 xuñ 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que está a desenvolver a Axencia da ONU para os refuxiados de Palestina (UNRWA) durante a inauguración no Verbum dunha mostra que recolle a situación desta poboación e as tarefas que a entidade dependente das Nacións Unidas leva a cabo nos campamentos.
xoves, 29 mai 2008
<br />
Co motivo da celebración o vindeiro sábado, 31 de maio, o Día Mundial sen Tabaco, o Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións instalará mañá unha mostra no Centro Comercial Praza Elíptica sobre os efectos perxudiciais do tabaco, segundo anunciou hoxe a concelleira de Benestar Social, María Méndez. "Esta iniciativa forma parte da programación que estamos a desenvolver polo décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogas", salientou a edil.<br />
xoves, 22 mai 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este xoves o traballo que están a desenvolver as unidades de día de drogodependencias de Vigo a prol da reinserción dos seus usuarios e usuarias. A concelleira fixo estas declaracións na inauguración da exposición que hoxe e mañá acolle o Centro Comercial Praza Elíptica no marco da conmemoración do décimo aniversario da posta en marcha do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PDLA).