O tenente de alcalde salienta o labor que desenvolve Alborada na prevención das drogodependencias
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este xoves as instalacións da asociación Alborada, co obxectivo de coñecer de primeira man o seu traballo cotiá e afondar na colaboración que esta entidade mantén co Concello de Vigo. Esta visita enmárcase na rolda de contactos que o tenente de alcalde están levando a cabo coas distintas entidades sociais da cidade.<br />
Na visita os nacionalistas mantiveron un encontro cos responsables do centro e coñeceron tamén as instalacións na que desenvolven o proxecto Creativa, dirixido a prevención entre a mocidade. Santi Domínguez salientou o labor que desenvolven colectivos como Alborada, que "complementa o traballo que desde as administracións desenvolvemos para tratar de fomentar hábitos saudabeis e erradicar as drogodependencias".
María Méndez explicou que Alborada está colaborando co Concello no desenvolvemento do programa "Non pasa nada, pasa algo", no que se "traballa na prevención educativa con actividades nos colexios". A concelleira indicou que 2.500 estudantes participan neste programa.
O Concello de Vigo aporta anualmente a Alborada máis de 35.000 euros para as diferentes actividades que desenvolve. O tenente de alcalde asegurou que o obxectivo "é intensificar a colaboración" con esta entidade.
Descargar todas as imaxes