O alcalde cifra en 2.000 os postos de traballo directos xestionados polo Concello en plans de emprego
Abel Caballero asegurou que, entre empregos directos e indirectos, o Concello xestiona unha xeración de emprego próxima aos 7.500 postos de traballo, entre o Plan Municipal de Emprego, o Plan E do Goberno de España e o propio investimento municipal. O alcalde visitou hoxe mércores os traballos en Parques e Xardíns do persoal empregado no programa UTIL, dentro do Plan Municipal de Emprego.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe mércores que o Concello xestiona 2.000 postos de traballo directos grazas aos distintos plans de emprego en marcha na cidade.
Caballero sinalou que o Plan Municipal de Emprego creou 650 empregos directos e o Fondo Estatal de Investimento Local do Goberno de España supuxo 1.500 traballos directos en Vigo. Computando os empregos directos e indirectos, e sumando o emprego derivado do propio investimento municipal, o total ronda os 7.500 traballos xestionados polo Concello de Vigo. O rexedor aseverou sobre a creación de emprego que "propoñémonos mantelo na mesma liña o ano que ven".
O alcalde visitou hoxe mércores os traballos dos empregados do programa municipal UTIL en materia de parques e xardíns, nesta ocasión na rotonda do Castro. Caballero subliñou a "utilidade" da súa función, que atende tanto á construcción e reparación de beirarrúas, como á mellora dos parques, entre outras funcións.
Abel Caballero vencellou directamente a creación de emprego desde o ámbito público ás "sinais de recuperación" que observa na economía viguesa. O alcalde exemplificou esta "resposta favorable" nos repuntes dos pedidos e das exportacións da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën.
Descargar todas as imaxes