Escoitar

O concelleiro de Urbanismo asegura que o 42% da execución do PXOM para catro anos está xa en marcha en 12 meses

José Mariño avaliou hoxe xoves o desenvolvemento do Plan Xeral, un documento que prevé a execución de 12 millóns de metros cadrados nos primeiros catro anos, e dos que, no primeiro ano en vigor, Urbanismo xa ten iniciado 5,5 millóns de metros, o 42%. O concelleiro indicou tamén que o solo iniciado contempla 600.000 metros reservados para zona verde, o que significa 120 alamedas do tamaño dun campo de fútbol.

xoves, 19 nov 2009
1258638476desayunomarino.jpg
O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, José Mariño, asegurou hoxe xoves que o Concello xa ten iniciado no primeiro ano en vigor do Plan Xeral o 42% do total para catro anos.

O edil socialista fixo hoxe balance do grao de desenvolvemento do novo PXOM e indicou que Urbanismo xa ten en marcha uns 40 ámbitos que afectan a 5,5 millóns de metros cadrados de solo vigués. O Plan Xeral dictamina en 12 millóns os metros cadrados a desenvolver nos catro primeiros anos, e o Concello xa ten iniciado en un ano o 42% do total, case o estimado para os dous primeiros anos.

Mariño valorou positivamente o desenvolvemento do Plan Xeral, que está a avanzar nos trámites de planeamento dos ámbitos para estar preparados para iniciar a construcción unha vez remate a crisis económica, segundo explicou. Neste senso, o concelleiro asegurou que os ámbitos iniciados contemplan 518.000 metros cadrados para usos dotacionais -escolas infantís, centros de día, etc- e uns 600.000 reservados para zona verde, o que equivale a 120 alamedas do tamaño dun campo de fútbol.

A situación económica desfavorable actual, apunto o concelleiro, está a afetar á construcción e ás licencias concedidas polo Concello, pero o novo Plan Xeral está a conseguir que a caída sexa menor que noutras cidades galegas. Mariño recordou que a caída de visados de Vigo é a segunda menor de Galicia, sólo por debaixo de Lugo.

A este respecto, o alcalde apremiou á Xunta de Galicia a aprobar canto antes as normas do hábitat -que definen, por exemplo, o tamaño mínimo das dependencias dunha vivenda- porque moitos promotores están agardando a coñecer a nova ordenanza autonómica para solicitar licenzas de construcción acordes á mesma.

Infraccións urbanísticas
José Mariño recordou tamén que, á chegada do novo goberno municipal ao cargo fai dous anos e medio, Urbanismo contaba con 11.000 infraccións urbanísticas pendentes de resolver, cifra que a día de hoxe ronda as 7.000. Esta mellora débese, segundo sinalou o edil, ao reforzo do persoal, que volverá a repetirse en 2010.

O concelleiro defendeu a ampliación en 35 postos de traballo do persoal da Xerencia de Urbanismo como o único medio de poder cumprir a lei e resolver estas infraccións no prazo legal estipulado de tres meses. Este tempo alargábase anteriormente ata case un ano.

O reforzo do persoal laboral de Urbanismo responde asemade ao aumento de Inspeccións Técnicas de Edificios (ITE) a realizar para 2010. Este ano 2009, a Xerencia ten programadas unhas 3.600 inspeccións, mentres que o número para o 2010 ascenderá a unhas 9.000.

Oficina de vivenda
O edil informou da actividade da Oficina municipal de Vivenda, ubicada nas dependencias da Xerencia de Urbanismo, e que xa atendeu 2.840 consultas no que levamos de 2009. Ademais, a Oficina está a ultimar un rexistro de solares que determine as parcelas municipais propiedade do Concello e os usos designados para as mesmas no termo municipal de Vigo, un documento que ata o momento non existía.
Descargar todas as imaxes