María Méndez convida a presenciar a obra "Os soños de Walla", que combina teatro e sensibilización social
A concelleira de Benestar Social e integrante da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, María Méndez, convidou aos vigueses e viguesas a asistir á representación de "Os soños de Walla", que terá lugar o venres 13 de decembro no auditorio do Centro Social Caixanova. Na presentación da obra, a edil destacou a importancia da combinación do teatro e sensibilización social, froito da colaboración do Concello de Vigo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola Superior de Arte Dramática.<br />
A concelleira de Benestar Social salientou que a xira de "Os soños de Walla" comezará mañá en Vigo, dado que se trata da cidade con maior presenza de persoas inmigrantes e a que máis colabora co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. No acto, no que tamén participaron o representante do Fondo Anxelo González, a directora da obra e profesora do ESAD, Mariana Carballal e a actriz e alumna deste centro, Areta Bolado, María Méndez agradeceu ao ESAD "o seu interese para colaborar na sensibilización social".
"Os soños de Walla" aborda a historia dunha adolescente que precisa muletas e que se esforza por ir á escola. Ante o impedimento pola longa distancia que separa a súa aldea da colexio máis próximo, afronta o seu desexo de aprendizaxe relacionado cos seus prexuízos e a discrimación existente no contorno. A obra forma parte do proxecto TeatrAcción e percorrerá dez dos concellos socios do Fondo Galego ata o vindeiro 30 de xaneiro, co obxectivo de achegar á cidadanía galega os desequilibrios entre o norte e o sur, as súas causas e as consecuencias.
Descargar todas as imaxes