Escoitar

O alcalde advirte a "posibilidade real" de constituir un área metropolitana con "contido e capacidade"

Abel Caballero entrevistouse este mércores coa delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e co director xeral de Administración Local, José Norberto Uzal, para constatar a definición, as competencias e o ámbito de actuación da futura área metropolitana. O alcalde asegurou que esta reunión supón "un paso moi importante" na súa constitución e solicitou que o novo ente teña "competencias claras, definidas e con financiamento".

mércores, 11 nov 2009
1257945900areametropolitana.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe mércores que "podemos estar na vía definitiva" para a constitución dunha área metropolitana con "contido real e capacidade" para facer fronte aos retos do territorio.

Así o expresou tras unha entrevista mantida coa delegada en Vigo da Xunta, Lucía Molares, e co director xeral de Administración Local, José Norberto Uzal, para abordar a definición, as competencias e o ámbito de actuación da futura área metropolitana viguesa.

No tocante á definición, o alcalde solicitou que a constitución da entidade non pode conlevar ningún incremento da presión fiscal sobre a cidadanía. A este respecto, Caballero apostou porque a área nazca como unha administración que ocupa o sitio doutras que ceden o espazo, as competencias e o financiamento, principalmente a Xunta e a Deputación.

Sobre a segunda cuestión, o rexedor vigués aseverou que a futura área metropolitana de Vigo debe contar con "competencias claras, definidas e con financiamento", e citou o transporte metropolitano, o solo industrial, o saneamento e o abastecemento, as vías de comunicación en planificación e execución, o transporte de ría e a cooperación co sistema portuario dos concellos partícipes.

No referente ao ámbito de actuación, Abel Caballero apostou por un ente que "dé resposta aos problemas reais do territorio", polo que o número de concellos integrados debe ser aquel que permite a resolución dos problemas. A este respecto, tanto o alcalde como a Xunta manifestaron ser "flexibles" na definición do número de municipios que integren a área.

O alcalde plantexou ademais que o nacemento desta entidade debe partir necesariamente dun acordo entre os municipios e das forzas políticas do Parlamento de Galicia, o que garantiría a súa constitución e supervivencia futura. Caballero cree "perfectamente posible" que se cumpran ambos requisitos.

Por outra banda, segundo indicou, o Concello de Vigo plantexou na entrevista cos responsables autonómicos que o liderado da área metropolitana debe ostentalo o alcalde ou alcaldesa da cidade olívica, e ha de contar con institucións que garantan a súa gobernabilidade.

Tras a reunión, Abel Caballero mostrouse optimista sobre o nacemento da futura área metropolitana viguesa e asegurou que "creo que pódese constituir sen gran dificultade" para o que a entrevista deste mércores foi "un paso moi importante". O alcalde estimou que a súa posta en marcha podería ser cuestión "de meses".

A Xunta de Galicia conclúe en Vigo as reunións con catorce concellos da área viguesa para constatar a vontade de constitución da área metropolitana. A partir de agora, os municipios presentarán as súas aportacións e a Direción Xeral de Administración Local elaborará un documento base sobre o que traballar na definición do futuro proxecto de lei.
Descargar todas as imaxes