O tenente de alcalde inaugura a campaña de dinamización do galego "Contos para falar", que chega a máis de 1.300 nenos <br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este martes unha nova campaña de dinamización lingüística, "Contos para falar", na que participarán máis 1.300 escolares de diferentes centros de ensino de Vigo. A actividade, que se desenvolve no Verbum, ten por obxectivo potenciar o uso da nosa lingua entre os máis pequenos, xa que está dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos.
O tenente de alcalde afirmou tamén que esta iniciativa busca fomentar o uso do galego "dun xeito lúdico", de xeito que os rapaces e rapazas poidan aprender moitas cousas dunha forma diferente. Na presentación da campaña, na que tamén participou a concelleira de Normalización Lingüísitca, Iolanda Veloso, Santi Domínguez sinalou que esta campaña se enmrrca nas iniciativas que o pasado ano puxo en marcha a Dirección Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística. "Este traballo é imprescindible porque a nosa lingua é un tesouro que non podemos deixar perder", manifestou.
A concelleira de Normalización Lingüísitica explicou que "Contos para falar" inclúe a programación de dúas actividades diferentes, unha dirixida aos escolares de 3 a 6 anos, que participan un total de 667 nenos e nenas de 13 centros escolares; e a outra para os de rapaces de 6 a 9 anos, dos que participan 651 nenos e nenas procedentes de 11 centros de ensino. Expresou a súa satisfacción polo éxito acadado e dixo que dende a Concellería de Normalización Lingüística "non desbotamos repetila pola alta demanda de participación que temos".
A campaña desenvólvese en colaboración coa editorial Rodeira, que centra boa parte dos seus esforzos na dinamización de colectivos de xente nova e a programación e realización de actividades que permitan o achegamento ao galego. Neste caso a súa participación concrétase nunha montaxe narrativa musical, "A fantástica viaxe de Patri", na que os nenos e as nenas, a lingua e a comunicación, son os grandes protagonistas.
Descargar todas as imaxes