Novos sistemas de seguridade e control dos accesos á Casa Consistorial
A Xunta de Goberno aprobou a memoria e prego de prescripcións técnicas para a mellora dos sistemas de seguridade e control dos accesos da Casa Consistorial do Concello , por un importe de 701.884,83 euros e un prazo de execución de 15 semanas.As actuacións previstas na memoria refírense á iluminación, acondicionamento dos accesos, sistemas de seguridade e climatización.
Sobre a iluminación as obras contemplan a instalación dun sistema de iluminación perimetral de intensificación nas áreas administrativas da lonxa, no fronte dos postos de atención ao público, formada por liñas continuas de luminarias flurorescentes. Funcionarán de forma manual ou mediante control da luminosidade ambiente por fotocédula; instalación dun sistema de alumeado de emerxencia; mellora da iluminación nos accesos a lonxa da Casa Consistorial dende o exterior e o acceso ao edificio dende a lonxa. Tamén se instalarán novas luminarias en todos os pasillos indicados de acceso aos ascensores
Sobre o acondicionamento dos accesos realizarase unha montaxe de novo cerramento acristalado máis eficiente e seguro para o acceso dende a Praza do Rei, formado por unha porta xiratoria amplia e automática, portas antipánico nas partes laterais, e tramos fixos ate completar o frente do acceso actual. Os vidros levarán adheridas láminas de vinilo coa identidade corporativa do Concello de Vigo. Contempla tamén novas portas no plano interior da lonxa, de madeira nos laterias e falso teito modular.
Os sistemas de seguridade incluirá a vixilancia electrónica mediante un circuíto pechado de televisión no perímetro do edificio e no interior do mesmo nos lugares comúns de acceso as distintas plantas; arco detector de metais para persoas e un escáner de raios X para inspección de paquetes e bultos; separarase a zona de entrada e saída no acceso ao edificio mediante postes separadores de aceiro inox con cita retráctil.
No tocante á climatización reformarase o sistema de climatización da lonxa e das oficinas que existen no seu perímetro.
Traballos de sinalización
A Xunta de Goberno Local aprobou un importe de 310.078€ a favor polos traballos de sinalización horizontal e vertical en relación a mellora da seguridade vial e realizados pola empresa IMES API S.A.
Os traballaos consistiron en establecemento de sentidos únicos de circulación en numerosas rúas da zona urbana da cidade debido as obras de humanización.; creación e modificación de pasos de peóns debido á supresión de barreiras arquitectónicas e acondicionamento das beirarrúas e infraestructuras viarias.
Realizou tamén a segunda fase da sinalización de carga e descarga, con motivo da nova ordenanza posta en marcha polo Concello de Vigo; creación de aparcadoiros para motos; modificacións na sinalización horizontal e vertical en toda a zona de praias ; modificación de sentidos de circulación motivados polo resultado do consenso cos veciños na zona rural; instalación de bandas reductoras de velocidades en zonas de alta perigosidade de atropelos e accidentes de tráfico; sinalización de prazas de aparcamentos para minusválidos; colocación de hitos e balizas delineadoras de isletas; revisión da sinalización das paradas de taxi e instalación de varandas a petición dos colexios
Descargar todas as imaxes