Escoitar

A mostra itinerante da Concellería de Educación "Arte na Aula", habilitada no CEIP Ría de Vigo ata o próximo día 10<br />

A Concellería de Educación continúa co percorrido do exitoso programa "Arte na Aula", co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar. A mostra posibilita á comunidade educativa o contacto co arte e os artistas, desta volta no CEIP Ría de Vigo desde o pasado 4 de novembro ata o próximo día 10.

venres, 6 nov 2009
1257517745img1.jpg
A Concellería de Educación ten instalada a mostra itinerante "Arte na Aula" 2009 no CEIP Ría de Vigo desde o pasado 4 e ata o vindeiro 10 de novembro, unha iniciativa que achega o arte á comunidade escolar.

A MOSTRA ITINERANTE 2009 expón en distintos soportes físicos -como cabaletes e peanas- diversas pinturas, fotografías, gravados e esculturas de 22 creadores de recoñecido prestixio da nosa cidade, por un periodo aproximado de 10 días atendendo a un calendario de aplicación previamente consensuado cos centros participantes.

Este programa didáctico, que promove o servizo municipal de Educación en colaboración co artista e educador vigués Mingos Teixeira, continúa o seu exitoso percorrido, co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria.

A mostra posibilita que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, así como unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo.

Esta proposta educativa concreta a dinamización da MOSTRA ITINERANTE 2009 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar.

Artistas que forman parte da mostra itinerante 2009
Andrés Conde
Xavier Magalhaes
Antonio Quesada Xulio Gil
Antonio Abad
Laxeiro
Ana Legido
Santiago Montes
Antón Pulido
Mª Victoria Fdez. Novoa
Alex Vázquez
Mendez Paz
Abreu Bastos
Mingos Teixeira
Elsa P. Vicente
Xavier Pousa
Xoan Acuña
Rafael Calvo
Rubén Borré
Pedro Dobao
Fernando Quesada
Pedro Solveira

1257517745img1.jpg
1257517757img2.jpg
1257517766img3.jpg
Descargar todas as imaxes