Escoitar

O internet libre habilitado polo Concello, ratificado pola Comisión do Mercado de Telecomunicacións

O Concello recibiu hoxe xoves a resolución pola que queda inscrito no Rexistro de Operadores de Redes e Servizos de Telecomunicacións, validando así a rede inalámbrica de acceso gratuito a Internet instalada polo goberno local nas prazas de América e Independencia e adxacentes, que extenderase nas próximas semanas á zona peonil do Calvario. O Concello prestará este servizo inicialmente durante un ano.

xoves, 5 nov 2009
A rede inalábrica de acceso a Internet habilitada polo Concello de Vigo no entorno das prazas de América e de Independencia, que ampliarase en próximas semanas á zona peonil do Calvario, recibiu hoxe xoves o visto bó da Comisión do Mercado das Telecomunicacións.

O Concello ven de recibir a resolución pola que queda inscrito no Rexistro de Operadores de Redes e Servizos de Telecomunicacións como entidade prestadora do servizo, que será de acceso gratuito para todos os cidadáns durante un periodo inicial dun ano.

A rede "Vigo WiFi" instalada polo goberno local permitirá á cidadanía viguesa navegar pola web ao aire libre nas Traviesas, Independencia e nas rúas colindantes, coa única restricción de uso de contidos para adultos, sitios relacionados con actividades ilegais, redes sociais e redes P2P.

Esta iniciativa do departamento de Xestión Municipal, que dirixe o socialista Carlos López Font, extenderase en próximas semanas á zona peonil do Calvario; un proxecto piloto pensado para espazos públicos, non residenciais, que permitirá a navegación gratuita ao aire libre.