Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Sanjurjo Badía

<br />

venres, 6 nov 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa Sercoysa, estará pechada ao tráfico, cara á rúa Enrique Lorenzo, a rúa Sanjurjo Badía, treito entre Enrique Lorenzo e Bos Aires, dende o martes 10 de novembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de catro meses.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense preferentemente polas rúas: Dr. Corbal, Maceiras, Santa Tegra e Xulián Estévez.
Ou polas rúas: Dr. Corbal, Maceiras, Pedro Alvarado, Enrique Lorenzo, Purificación Saavedra e
Sanjurjo Badía.
Solicítase atención á sinalización e a máxima colaboración cidadá.