O tenente de alcalde presenta o primeiro dicionario plurilingüe de galego destinado aos turistas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns o primeiro dicionario plurilingüe de galego destinado aos turistas, que ten por obxectivo facilitar ás persoas que nos visitan unha guía para poder comunicarse, ao tempo que "unha pequena introdución á nosa lingua". O dicionario recolle 170 expresións traducidas ás catro linguas do estado, galego, castelán, catalán e euskera, así como portugués, inglés, francés, italiano e alemán.
Na presentación, na que tamén participou a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, o tenente de alcalde explicou que esta iniciativa foi posta en marcha durante o verán como "experiencia piloto" e que tras comprobar a boa acollida que tivo dende o primeiro momento, decidiuse consolidar a proposta co reparto de 35.000 exemplares nas oficinas de turismo e nos hoteis da cidade. Segundo Santi Domínguez, o obxectivo desta iniciativa é dobre: por unha banda de ofrecer aos turistas un "material sinxelo co que poder comunicarse", e por outra, que os que nos visitan saiban que "o galego existe".
Santi Domínguez agradeceu aos equipos de Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Vigo e á Dirección Xeral do anterior goberno da Xunta, polo seu traballo para facer realidade o dicionario, así como a Concellería de Turismo do Concello de San Sebastián, "que permitiu axilizar a súa posta en marcha". Asemade indicou que a idea de cara ao futuro é "ir ampliándoo ano a ano".
A concelleira de Normalización Lingüística, pola súa banda, destacou que a posta en marcha deste proxecto parte da base de material empregado polo goberno vasco no eido turístico, e en concreto polo Concello de San Sebastián. Asemade, sinalou que nas guías turísticas existentes se bota en falta as expresións en galego, de xeito que este dicionario vén a suplir esta carencia. Afondando no expresado polo tenente de alcalde, Iolanda Veloso afirmou que a iniciativa ten por obxectivo facilitar a comprensión das persoas que nos visitan e "visibilizar o galego" como a nosa lingua propia.
"Do mesmo xeito que promocionamos o patrimonio material, con esta iniciativa tamén queremos promocionar o noso patrimonio inmaterial", salientou a edil do BNG. Neste sentido, defendeu o feito de que a lingua sexa tamén un "elemento para atraer turistas" e que os visitantes saiban que veñen a un lugar especial e con cultura propia.