O Goberno Local dinamiza o proxecto "Vigo medio natural"
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na reunión celebrada hoxe, varios expedientes de contratación destinados a dinamizar o proxecto "Vigo medio naural" co fin de fomentar a conservación e aproveitar as oportunidades que ofrece o sector ambiental para mellorar o emprego.
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo de elaboración dun estudo no que se analizarán as necesidades de formación nos novos xacementos de emprego do municipio de Vigo, dentro do proxecto "Imos Traballar", por un importe de 44.850 euros e a contratación para a elaboración dos cursos "No Aula virtual" dentrodo mesmo proxecto",por un importe de 44.722 euros
Aprobouse tamén a contratación do servizo de elaboración dun observatorio sobre emprego e medio ambiente dentro do proxecto "Vigo medio natural".O obxetivo é fomentar o estudio do emprego no sector ambiental e localizar a oferta e demanda de profesionais, para poder adaptar a formación e dotar de persoal cualificada dito sector; identificación da información relativa a emprego e medioambiente; analise de datos , realización de pronósticos e elaboración de boletíns e informes. As empresas destinatarias serán especialmente as do sector agroforestal e ambiental. A coordinación do Observatorio dependerá de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, e contará coa participación de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo.
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo de elaboración dun estudo sobre novos perfís profesionais necesarios no sector ambiental de Vigo dentro do proxecto "Vigo medio natural".Así como a contratación da elaboración dunha guía para adaptar as actividades empresariais de Vigo á normativa ambiental, por un importe de 21.600 euros, co obxetivo de fomentar a sostenibilidade ambiental das actividades empresariais no municipio de Vigo, e publicar e distribuir dita guía entre as empresas e outros axentes socioeconómicos que deban aplicar ou velar pola aplicación de dita normativa. Os contidos da guía serán entre outros: Lexislación en materia ambiental e empresarial europea nacional e autonómica, sectores empresariais obxecto de adaptación, tipoloxía de empresas según a fase de adaptación na que se encontre, boas prácticas existentes, principais accións a desenvolver, perspectivas das actividades que afectan ao medio a longo prazo.