Vigo é a primeira cidade galega en ter un Plan de Inmigración, con medidas como un servizo de intermediación de vivenda
Vigo será a primeira cidade galega en contar cun Plan de Integración Socia, Convivencia Intercultural e Cidadanía segundo anunciaron este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Os nacionalistas subliñaron que este Plan de Inmigración supón unha "aposta clara na loita pola igualdade de oportunidades e no traballo para a xente" e de aí que o plan contemple, entre outras medidas, a posta en macha dun servizo de intermediación de vivenda entre propietarios e alugueiros ou un servizo de tradución e interpretación.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou que o número de persoas empadroadas estranxeiras na cidade supera as 17.000, polo que Vigo é o municipio galego con maior presenza de inmigrantes. Tendo en conta estes datos, dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social considerouse a necesidade de desenvolver un plan que tivera como obxectivo "a plena integración destas persoas na nosa vida social e cultural", segundo o tenente de alcalde. Neste sentido salientou que "non queremos que estas persoas configuren sectores aillados, senón que se integren en todos os servizos e propostas que o Concello de Vigo pon en marcha para toda a cidadaná".
Santi Domínguez destacou, por outra banda, que Vigo sempre ten amosado a súa capacidade de acollida, polo que "tamén queremos que a cidade se enriqueza e incorpore as aportacións do colectivo inmigrante". Ao respecto, afirmou que Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social teñen realizado diferentes actuacións encamiñadas a que haxa unha "convivencia normal entre todos os segmentos da poboación viguesa", partindo especialmente da "integración absoluta e do acollemento das distintas modalidades culturais".
Segundo explicou o nacionalista, a elaboración do plan fíxose partindo da "diagnose clara da situación", de xeito que se detectaran as necesiades prioritarias do colectivo de inmigrantes, como os problemas da súa regularización, o acceso á vivenda e o acceso ao emprego. "O primeiro paso da integración é a regularización da vida de cada unha destas persoas", subliñou o tenente de alcalde. Neste sentido, expresou os seus parabéns á concelleira de Benestar Social e ao seu equipo, porque ao seu xuízo o plan arranca dun traballo "moi profesional e moi vocacional na procura da igualdade de oportunidades".
A concelleira de Benestar Social deu conta das principais medidas que se levarán a cabo co desenvolvemento deste Plan de Inmigración, que define "as accións das políticas públicas en materia de inmigración e interculturalidade". Neste sentido destacou que, para facilitar a orientación sobre a vivenda, se porá en marcha un programa de intermediación entre propietarios e alugueiros, así como un programa de aloxamento destinado ás familias recén chegadas á cidade. A estadía deste programa de acollida terá unha duración de tres meses e se desenvolverá a través das distintas entidades da cidade.
María Méndez anunciou que a través do Plan de Inmigración a Concellería de Benestar Social elaborará unha guía dos recursos da cidade, que incluirá os servizos sociais e educativos e que se distribuirá aos colectivos de inmigrantes e ás asociacións veciñais. Asemade, a edil do BNG sinalou que se dará resposta á demanda que existe dun servizo de tradución e interpretación, sobre todo por parte das persoas procedentes de África e Asia. Neste eido lingüístico, avanzou tamén a posta en marcha de cursos de galego e castelán en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Tamén en colaboración con Normalización Lingüística, María Méndez mencionou a elaboración e posta en marcha do programa "En galego tamén noutros mundos", que desenvolverá diversas actividades neste ano e ao longo do 2010. Sinalou que este programa comezará o vindeiro sábado coa celebración da Festa Multicultural nas prazas de O Progreso e O Berbés.
Entre as medidas para potenciar a integración que xa están funcionando, a concelleira de Benestar Social apuntou diversos aspectos. Respecto á Oficina de Inmigración indicou que comezou a súa andaina no 2005, pero que os seus orzamentos se incrementaron notablemente dende a chegada do BNG ao goberno, no 2007, xa que se detectou a necesidade de proporcionar orientación xurídica e laboral ás persoas inmigrantes. Salientou tamén que se afondará na sensibilización, especialmente no ámbito escolar, par ao cal se continuará traballando coas Anpas e o profesorado.
María Méndez destacou que xa está en marcha o programa de convivencia intercultural, para a resolución de conflitos, e do que dependeu a contratación de tres persoas. Explicou ao respecto que é un servizo moi demandado sobre todo polos centros de ensino. Segundo a concelleira nacionalista, fortalecerase a relación xa existente coas entidades e asociacións de emigrantes, mediante o "traballo en rede" e a convocatoria do Consello Municipal de Inmigración.
A concelleira de Benestar Social explicou que estas medidas baseadas en cinco áreas de actuación, acollida, sensibilización, convivencia intercultural, participación e análise da realidade, foron propostas tras o desenvolvemento da primeira fase do Plan. Este primeiro paso consistíu nun proceso de consulta social no que se contou con todas as asociacións de inmigración e de entidades relacionadas con elas. Sinalou, por outra banda, que o Plan será presentado aos diversos colectivos no II Foro de Inmigración, que se celebrará o vindeiro venres 13 de novembro, ao longo de toda a xornada.
Descargar todas as imaxes