Escoitar

Santos Héctor cifra en 600 os contratos acadados este ano grazas ao Plan Municipal de Emprego

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego fixo balance da acción municipal contra o desemprego, un "balance positivo" que resúmese na xeración duns 600 empregos este ano -dos que beneficiáronse maioritariamente mulleres con dificultad de inserción laboral- e a consecución de 7,5 millóns de euros de fondos externos para plans de emprego. Santos Héctor destacou principalmente o programa experimental, que acadou 180 contratos en empresas privadas.

xoves, 12 nov 2009
1258033953santos.jpg
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, cifrou este xoves en 600 os postos de traballo xerados grazas a acción directa do Plan Municipal de Emprego, mediante contratos do Concello e de empresas privadas.

O socialista fixo hoxe un "balance positivo" da xestión do seu departamento na creación de emprego, que beneficiou principalmente a mulleres con dificultades de inserción laboral, e subliñou a capacidade de consecución de recursos económicos externos ao Concello para o traballo. Sumados aos 2,4 millóns de euros de orzamento municipal, a Concellería que dirixe Santos Héctor acadou 7,5 millóns máis este ano para loitar contra o desemprego e 5 millóns máis para actuacións en Teis, que repercutirá na actividade económica e tamén na xeración de postos de traballo.

O edil asegurou que "todo o esforzo que podamos facer paga a pena porque acádanse contratos a pesar da crise", e detallou os distintos frentes de actividade que engloba o Plan Municipal de Emprego. Entre eles, Héctor destacou o éxito do programa experimental, que conseguiu 179 contratos en empresas privadas, 137 procedentes do INEM e 42 das bases de datos do propio Concello. Para acadalo, o persoal do programa visitou máis de 500 entidades.

O concelleiro destacou tamén a labor do Servizo de Asesoramento a Emprendedores que no 2008 serviu para a creación de 57 novas empresas despois de atender 289 consultas. No que levamos de 2009, as atendidas xa suman 580, co que Santos Héctor mostrouse optimista sobre o número de empresas que crearanse este ano. Ademais, a Concellería creou un novo servizo municipal que ofrece seguemento e asesoramento ás compañías recén creadas nos seus primeiros anos de vida.

Outros programas detallados polo edil socialista son o UTIL, que formou e empregou este ano a 65 persoas con traballos en beneficio da cidadanía e que terá continuidade no 2010. Tamén salientou a creación dun tercer obradoiro de emprego, o Vigo Ornamental, que súmase ao VigoZoo e ao Mar de Vigo; e os programas medioambientais, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e as mancomunidades de montes.

A Concellería tamén desenvolve unha función de orientación laboral entre demandantes de emprego e empresas, que permitiu 46 insercións ao mercado de traballo no que levamos de 2009. Ademáis realiza actividades de fomento do autoemprego e o cooperativismo.

Outra acción municipal destacada polo socialista foi o Imos Traballar, unha iniciativa que conleva unha dobre vertente: por un lado a formación en novos xacementos de emprego -neste caso en atención á dependencia- e por outra banda o Pacto Local polo Emprego. Neste Pacto intégranse xunto ao Concello os tres sindicatos, a Confederación de Empresarios, a Asociación de Empresarias e a Asociación de Xovenes Empresarios, co obxectivo de identificar os puntos débiles da nosa economía sobre os que centrar esforzos.

Cooperación Xunta-Concello
O concelleiro lamentou que a Xunta de Galicia teña diminuido a achega de recursos para a xeración de emprego ao Concello de Vigo para este ano. Segundo detallou Santos Héctor, para este ano 2009, Vigo recibiu 2 millóns de euros que permitiron empregar a 150 persoas con contratos de 9 ou 12 meses; pola contra, a nova aportación autonómica descenderá nos novos orzamentos para 2010 aos 1,4 millóns de euros, co que os contratos serán de menor duración: de 3,4 e 6 meses.
Descargar todas as imaxes