O alcalde anuncia un orzamento municipal de 1,2 millóns en 2010 para atender todas as bolsas de comedor
Abel Caballero acudiu este xoves ao centro escolar Javier Sensat, en Alcabre, onde reiterou o seu compromiso de conceder todas as bolsas de comedor aos escolares que o precisen. Para cumprilo, o alcalde informou que xa se están a reformar os comedores que precisan de ampliación para acoller a demanda. Caballero visitou hoxe a mostra itinerante Arte na Aula, que achega o arte á infancia mediante os propios artistas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que os orzamentos municipais para 2010 contemplan unha partida de 1,25 millóns de euros para atender todas as solicitudes de bolsas de comedor dos escolares vigueses.
Segundo informou o rexedor local, as previsións indicaban un gasto de 425.000 euros para cubrir a demanda destas bolsas escolares e ata o momento o Concello xa investiu 750.000 euros neste fin. Ante o previsible aumento da demanda pola crise económica actual, o alcalde anunciou o incremento desta partida para o vindeiro exercizo.
En paralelo, e a pesares de ser competencia da Xunta de Galicia, o alcalde anunciou que o Concello xa está a executar as reformas precisas nos comedores saturados, obras de ampliación para que ningún escolar quede fóra destas bolsas por falta de espazo nos seus colexios.
Esta "sensibilidade" do Concello co ensino público é unha das tres "patas" que conforman a "gran importancia" concedida polo municipio á ensinanza e as súas direccións de mellora. As outras dúas son as bolsas para estudar no estranxeiro e os programas de achegamento do arte á comunidad educativa.
Sobre as bolsas para estudar inglés no estranxeiro, o alcalde recordou que o pasado curso foron 125 os escolares de primaria que puideron disfrutar desta experiencia e avanzou que este ano superarán as 200. En total, nos dous cursos anteriores e no que comeza, serán unhas 500 as prazas ofertadas para estudar inglés en Inglaterra e Irlanda.
A terceira pata da importancia do ensino público sería o achegamento da arte á comunidade educativa con programas como Arte na Aula, que está actualmente no colexio Javier Sensat. Esta é unha iniciativa da Concellería de Educación, en colaboración co artista Mingos Teixeira, que procura "familiarizar e achegar aos estudantes a arte a través dos propios artistas", sinalou o alcalde. Esta mostra itinerante leva obras de importantes artistas vigueses e galegos ás aulas e á comunidade educativa.
Descargar todas as imaxes