María Méndez anuncia que o centro de emerxencia pechará o venres e urxe a abrir a Gota de Leite

martes, 12 mai 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do dispositivo temporal de emerxencia social aberto o 15 de xaneiro e explicou que o centro atendeu neste tempo a un total de 186 persoas distintas, cunha media de 30 persoas ao día, e un total de 3.000 pernoctacións. Asemade, a concelleira sinalou que este dispositivo pechará o 15 de maio, polo que urxeu ao novo Goberno da Xunta a abrir as instalacións coñecidas como Gota de Leite, onde xa remataron as obras.

Benestar Social incrementa un 20% o orzamento das axudas para comedor e libros

venres, 24 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o orzamento das axudas municipais para comedor e libros experimenta un incremento do 20% para o vindeiro curso 2009/2010, ao pasar de 400.000 a 460.000 euros. A edil salientou en rolda de prensa que con esta medida e nunha época de crise como a actual "esperamos que ningún escolar quede en lista de agarda se cumpre todos os requisitos".

Benestar Social convoca 400 prazas no programa de Balnearios para mellorar a saúde dos maiores

martes, 21 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes que este ano o Programa de Balnearios convoca 400 prazas, 25 máis que no 2008, e incorpora a posibilidade de recibir tratamento no Talaso Atlántico. A edil sinalou que esta actividade, que o Concello de Vigo ofrece conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo "mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a súa saúde".<br />

Benestar Social impulsa o primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega para acadar a integración

mércores, 15 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega co obxectivo de fomentar a integración real dos inmigrantes residentes en Vigo. A edil subliñou que o Plan, que esta tarde iniciará a súa andaina no Consello Municipal das Migracións, é necesario "para evitar problemas que moitas veces se dan nas sociedades de acollida dos inmigrantes".

Benestar Social apoia os actos organizados polo Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra mañá

martes, 7 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este martes que o seu departamento está a desenvolver diversas actuacións co obxectivo de potenciar a integración dos colectivos minoritarios e neste sentido manifestou o seu apoio ao programa de actividades que se celebran en Vigo con motivo da conmemoración mañá, 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano. Ao longo do mes de abril están convocadas diversas iniciativas como contacontos e exposicións para achegar a cultura xitana a toda a cidadanía.

Santi Domínguez reclamará ao novo goberno da Xunta a apertura en Vigo de novos centros de día públicos

xoves, 2 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este xoves a súa vontade de poñerse en contacto coa persoa encargada de xestionar os asuntos sociais no novo goberno autonómico co obxectivo de trasladarlle a necesidade de abrir novos centros de día públicos. O concelleiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita que realizou ao centro de día Atalaia, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez.

María Méndez salienta que o Plan de Inclusión elaborou 303 proxectos de inserción no 2008, o 58% para mulleres

martes, 17 mar 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balance este martes das actuacións do Plan de Inclusión Social do Concello de Vigo desenvolvidas dende que entrou en funcionamento o novo equipo, en xuño do pasado ano. A edil nacionalista salientou que dende xuño a decembro de 2008 este servizo municipal elaborou un total de 303 itinerarios integrais de inserción, o 58% destinados a mulleres.

María Méndez destaca que el Plan de Inclusión elaboró 303 proyectos de inserción en el 2008, el 58% para mujeres

martes, 17 mar 2009

La concejala de Bienestar Social, María Méndez, hizo balance este martes de las actuaciones del Plan de Inclusión Social del Ayuntamiento de Vigo desarrolladas desde que entró en funcionamiento el nuevo equipo, en junio del pasado año. La edil nacionalista destacó que desde junio a diciembre de 2008 este servicio municipal elaboró un total de 303 itinerarios integrales de inserción, el 58% destinados a mujeres.

María Méndez salienta que o Servizo de Axuda no Fogar atendeu 689 persoas no 2008, un 20% máis que no 2007

venres, 13 mar 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este venres que o Servizo de Axuda no Fogar atendeu un total de 689 persoas ao longo de todo o 2008, o que supón un incremento do 20% respecto ao 2007. A edil así o destacou no balance do servizo que leva a cabo o seu departamento a través dun convenio asinado coa Cruz Vermella de Vigo e que no 2008 contou cun orzamento de 1.475.000 euros, un 18,6% máis que no 2007.