martes, 28 out 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este martes que "priorizar as áreas que inciden en paliar as consecuencias da crise económica" foi o principal criterio da elaboración dos orzamentos do seu departamento para o exercicio do 2009. Benestar Social contará con preto de 6 millóns de euros, centrados fundamentalmente no incremento dos servizos destinados ás persoas maiores e en risco de exclusión e o aumento das axudas aos colectivos máis desfavorecidos e para libros e comedores.
luns, 27 out 2008
Dentro dos actos conmemorativos do X Aniversario do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo, a compañía Pikor Teatro realizará o martes, 28 de outubro, dúas representacións da obra "Pisa la raya". Nos espectáculos, que terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova ás 12.00 horas e ás 16.30 horas, participarán 713 alumnos e alumnas pertencentes a 13 centros de ensino de Vigo.
venres, 24 out 2008
Traballar para acadar unha "integración progresiva das persoas inmigrantes que residen en Vigo" é o obxectivo fundamental do primeiro curso de formación de mediadores interculturais que pon en marcha a Concellería de Benestar Social, segundo subliñou este venres a súa responsable, María Méndez. A edil explicou que este programa formativo, que comeza hoxe, é froito dun convenio asinado coa Secretaría Xeral de Inmigracións da Xunta de Galiza.
luns, 20 out 2008
A cidade de Vigo disporá, a partir do vindeiro mes, dun novo programa de atención ás persoas maiores ou dependentes, que é o denominado "Xantar na casa", segundo adiantaron este luns o tenente alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Os representantes nacionalistas explicaron que este programa de servizo de comida a domicilio, impulsado pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar, desenvolerase a través dun convenio entre o Concello de Vigo e o Consorcio Galego do Benestar.
xoves, 9 out 2008
A Oficina de Inmigración do Concello organiza un curso básico de "Mediacion Social Intercultural" dirixido a persoas tanto estranxeiras como locais, empadronadas en Vigo, que queiran tomar contacto coa realidade local e mediar no proceso de integración entre a sociedade de acollida e os novos/as vigueses e viguesas.
xoves, 9 out 2008
Con motivo da celebración do día Mundial da Saúde Mental mañá 10 de outubro, o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), dependente da Concellería de Benestar Social, así como outras asociacións que traballan na área da saúde mental, desenvolverán diversos actos ao longo deste mes de outubro. Nunha carta conxunta, a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, María Méndez, o responsable de Saúde Mental do área sanitaria de Vigo, Javier Pérez Montoto, e o director do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións, Francisco Otero Lamas, instan á cidadanía viguesa a participar nas actividades planificadas.
luns, 6 out 2008
O Concello de Vigo lidera a colaboración que manteñen as distintas cidades galegas co Fondo de Cooperación Internacional, segundo afirmaron este luns a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o presidente do propio Fondo, Alfredo Novoa, durante o acto de sinatura dun convenio de colaboración. En virtude deste convenio, a Concellería de Benestar Social fai unha achega de 64.000 euros para o desenvolvemento de diversos proxectos de cooperación.<br />
venres, 3 out 2008
No mes de novembro o Casco Vello contará cun pioneiro servizo que traballará activamente para mellorar a zona histórica máis emblemática de Vigo, como é o dos coidadores de barrio. Así o anunciou este venres o presidente do Consorcio do Casco Vello e tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou o primeiro curso formativo Coidadores de Barrio , que se desenvolve no Centro Cívico do Casco Vello durante todo este mes de outubro.
xoves, 2 out 2008
Erradicar totalmente o chabolismo na cidade de Vigo é o principal obxectivo do convenio de colaboración que este xoves presentaron a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Eudosio Álvarez. Froito deste convenio estase a traballar no realoxo de 6 familias chabolistas.
mércores, 17 set 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo estableceu por primeira vez un convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga) para colaborar no desenvolvemento das actividades que promove. Concretamente vanse a aportar 20.000 euros para o programa "Obradoioros paralelos", dirixido aos enfermos e os seus familiares.