xoves, 30 xan 2025
Na súa intervención no acto, o alcalde explicou que o Concello, concienciado sobre a transcendencia da seguridade nun contexto de constantes ciberataques que comprometen tanto á cidadanía, como ás institucións públicas e ás empresas privadas, desprega “todo o posible” para afrontar as agresións informáticas, incluído un sistema propio.
xoves, 30 xan 2025
O programa de actividades deportivas da Fundación Vide contará en 2025 cun orzamento de 125.000 euros. O alcalde puxo en valor a "transcendencia desta organización" na práctica do deporte na cidade.
xoves, 30 xan 2025
O alcalde recalcou hoxe que a confirmación realizada esta semana en Galicia polo secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, de que España “estará a esperar” no Miño a chegada a Valença da alta velocidade ferroviaria lusa é a confirmación de que “chegaremos nós” antes que Portugal, “porque imos moito máis adiantados”.
xoves, 30 xan 2025
“A violencia non é asumible nunca”, subliña o rexedor, ao explicar que o coche da alcaldesa pedánea, Patricia Otero, apareceu hoxe cunha pintada violenta.
xoves, 30 xan 2025
As dependencias municipais acolleron o acto, presidido polo alcalde da cidade, e no que estivo presente o o anterior valedor, Luis Espada Recarey.
xoves, 30 xan 2025
O vindeiro 7 de febreiro comezan as visitas guiadas ao rehabilitado espazo, “unha mostra da arquitectura tradicional de Galicia”, que poderá percorrerse na súa totalidade. As visitas poden reservarse no teléfono 010.
mércores, 29 xan 2025
Abel Caballero destacou hoxe, no acto conmemorativo do 75 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao organizado polo IES que leva o nome do intelectual galeguista, que “en Vigo celebraremos con entusiasmo o ano de Castelao” a través dun programa que contempla numerosas actividades para lembrar a súa figura e a súa obra.
martes, 28 xan 2025
Abel Caballero anunciou este martes a aprobación dunha batería de axudas para rehabilitar un total de 28 inmobles por 607.000 euros en sete ámbitos da cidade. Lembrou que o Goberno de España concedeu 6,4 millóns a Vigo para rehabilitar vivendas.
martes, 28 xan 2025
O alcalde mantivo un encontro este martes coa alcaldesa pedánea de Bembrive para abordar o proxecto da autovía A52 e a necesidade de que as familias afectadas vexan “recoñecidos os seus dereitos”.
luns, 27 xan 2025
O alcalde informou este luns do desenvolvemento da tramitación para a reforma da bancada do Estadio Municipal de Balaídos, unha obra que será compatible co uso das pistas de atletismo.