O alcalde louva ao alumnado do CEIP Ría de Vigo nos seus actos pola paz en Ucraína
mércores, 16 mar 2022Os alumnos e alumnas encheron de xirasois a palabra paz e interpretaron “Imagine” de John Lennon para reclamar o fin da invasión do Kremlin.
Os alumnos e alumnas encheron de xirasois a palabra paz e interpretaron “Imagine” de John Lennon para reclamar o fin da invasión do Kremlin.
O alcalde deu conta este mércores das tres novas propostas para a concesión dos galardóns, cos que a cidade recoñece a traxectoria literaria de Domingo Villar, o labor educativo da EOI e os 75 anos de traballo da Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral.
Abel Caballero desvelou este martes os nomes dos primeiros galardoados co Vigués Distinguido deste 2022. O Concello recoñece ao economista Antón Costas, o medio século de vida dos colexios Don Bosco Salesianas, Ría de Vigo, San Salvador de Teis e Eduardo Pondal, e a traxectoria do CVC de Valladares e do centro Alborada.
No marco da Conferencia de Presidentes, Abel Caballero expuxo a necesidade de que os sectores do naval e da automoción de Vigo conten cun PERTE “para cumprir as súas expectativas”.
“Renderemos homenaxe á xente, ás institucións que tanto fan pola cidade”, explicou o rexedor este luns ao dar conta da celebración do acto a vindeira semana no Teatro Afundación.
O alcalde tamén solicitou a rebaixa dos prezos da enerxía “de xeito imprescindible porque está a facer dano ás economías domésticas, pemes, grandes empresas, a automoción e o naval”
O presidente da FEMP avanzou este venres algúns dos temas que abordará esta fin de semana no marco da XXVI Conferencia de Presidentes que se celebra na Illa da Palma coa presenza do presidente do Goberno e de tódolos presidentes autonómicos.
O alcalde confirmou en rolda de prensa que concorrerá ás axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Abel Caballero, e a Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, presentaron en Vigo o Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos ( PIREP) para Entidades Locais. Caballero subliñou que os Gobernos Locais contan “con proxectos moi maduros, listos para ser executados, e con gran poder de transformación nas liñas que se expoñen desde o Goberno de España”.
Na sede social de Afundación, Abel Caballero participou este venres na inauguración do décimo segundo Congreso Nacional da Sociedade Española de Odontoloxía Infantil Integrada, que a entidade celebra por primeira vez en Galicia. O título, “O paciente infantil. Unha visión multidisciplinar de cero a seis anos”.
O alcalde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitaron este xoves os traballos que se están executando e que culminarán en 7 ou 8 días coa derruba da bancada, unha obra na que se están aplicando criterios de mellora ambiental.