mércores, 15 xan 2025
O alcalde avanzou hoxe mércores que o Concello optará este ano a un recoñecemento máis para as praias viguesas: a Bandeira Azul para o areal O Mende en Teis e repite a candidatura para os 5 sendeiros azuis da cidade.
martes, 14 xan 2025
Abel Caballero animou á cidadanía a participar este xoves na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que leva por lema “Reconstruír a Área Sanitaria de Vigo”, para deixar patente o desacordo coa política sanitaria da Xunta de Galicia e reclamar máis recursos. A nova mobilización, que partirá ás sete da tarde desde a Praza de España, conta co apoio dos alcaldes da área, como se constatou na reunión mantida este martes na sede de Zona Franca. “Defendemos a saúde dos vigueses e por iso reclamamos unha sanidade acorde coa cidade”, afirmou o alcalde.
martes, 14 xan 2025
O rexedor vigués, xunto a David Regades, delegado da Zona Franca, e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, deron luz verde ao novo convenio da Cátedra ARDÁN, que establece as bases da colaboración para os vindeiros 4 anos, xa que se estenderá ata 2028, coa posibilidade de realizar unha prórroga por catro anos máis. ARDAN é un servizo singular e pioneiro en España, que acumula premios e recoñecementos da xestión pública. Está baseado en informes e plataformas de información, cunha base de datos de máis de 200.000 empresas en España e series históricas de máis de 25 anos. A misión da Cátedra é contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia a través do deseño, elaboración e difusión de estudos e ferramentas baseados na investigación científica, a transferencia de coñecemento e a vixilancia da contorna empresarial e socioeconómica.
martes, 14 xan 2025
O alcalde puxo en valor o “incremento importantísimo de case un 11%” das visitas á rede municipal de museos ao longo do ano pasado cunha “suba xeneralizada” en tódolos espazos.
luns, 13 xan 2025
O alcalde destacou este luns, durante os actos de inauguración da Praza da Policía Nacional, na contorna da comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro, e de conmemoración do 201 aniversario do corpo, a "homenaxe perenne" e o recoñecemento ao traballo que realizan os compoñentes desta forza de seguridade do Estado. Ante o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado de Pontevedra, Abel Losada, e o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco, Abel Caballero lembrou que en 2024 Vigo recoñeceu o traballo da Policía Nacional coa concesión da Medalla de Ouro da Cidade.
luns, 13 xan 2025
O alcalde presentou este luns o programa de actividades que desenvolverá o Concello na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos feministas ata o próximo mes de xuño.
luns, 13 xan 2025
O alcalde explicou este luns que o Concello retoma o programa municipal “Vigo Educa 2025”, que permite aos centros educativos mover ao alumnado para coñecer diferentes espazos da cidade.
venres, 10 xan 2025
Abel Caballero afirmou durante a primeira reunión do goberno local organizada no Pazo da Raposeira que “somos conscientes do inmenso apoio que nos dá a cidade e continuaremos respondendo”. Dous días antes do apagado das luces previsto o vindeiro domingo, o alcalde referiuse ao período de Nadal como un "éxito incontestable".
xoves, 9 xan 2025
Abel Caballero recibiu este xoves, no Salón de Plenos, a 44 alumnos de quinto de primaria do CPR Divino Salvador que participan no programa "Visita ou teu Concello". O rexedor explicou ao estudantado que realiza a primeira visita de 2025 ás instalacións municipais, as numerosas decisións que se adoptan na Casa do Concello e que afectan directamente á vida ordinaria dos vigueses. Ata o próximo 20 de maio, máis de 25.000 escolares de Vigo percorrerán este curso algunha das dependencias do Concello, como a sala de control do tráfico.
xoves, 9 xan 2025
O alcalde reuniuse este xoves con Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo; Edelmiro Ulloa, director xerente; Mercedes Rodríguez, xerente adxunta, e Jorge Romón, presidente da Plataforma Tecnolóxica da Pesca. No encontro abordaron a celebración do festival no presente ano, volvendo a mostrar Caballero "todo o apoio do Concello" apuntando que "este ano tamén terá 4 días" xa que "é unha forma de por en valor que temos un produto alimenticio cun sabor excepcional".