mércores, 5 feb 2025
O 15 de febreiro o grupo de folk presentará no teatro Afundación o seu último traballo "Luar na Lubre XX. Encrucillada", un libro-disco que recolle algún dos seus temas emblemáticos e no que contan coas voces de Pablo Milanés, SÉS, Rosa Cedrón e outros artistas que colaboraron coa formación galega. Caballero felicitounos pola súa traxectoria, de case corenta anos, e por elixir Vigo para dar a coñecer o seu novo traballo.
mércores, 5 feb 2025
Abel Caballero asistiu este mércores á doazón á Fundación Penzol dos fondos documentais de Xesús Alonso Montero relacionados coa actividade oratoria do catedrático de literatura galega e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.
martes, 4 feb 2025
Abel Caballero participou na entrega de premios do décimo sexto certame de pintura Vigolandia no que participaron 5.030 estudantes de 45 centros escolares da cidade. Un total de 52 “artistas” de entre 6 a 12 anos recibiron esta mañá un diploma e un agasallo recoñecendo a excelencia dos seus traballos. O alcalde trasladou os seus parabéns a todos os escolares pola calidade dos debuxos cos que concorreron a este concurso organizado polo IFEVI.
martes, 4 feb 2025
Abel Caballero presidiu este martes o encontro entre representantes do sector audiovisual de Galicia cos directivos da consultora Novas Vantaxes, S.L. para identificar e sinalar as necesidades do futuro centro a desenvolver en Vigo polo Consorcio da Zona Franca.
martes, 4 feb 2025
A campaña turística “Vigo, cidade única no mundo” e o vídeo de promoción dos atractivos da cidade, presentados o pasado 23 de xaneiro en Fitur, contabilizou 1.560.000 visualizacións nas principais redes sociais, segundo detallou este martes o alcalde ao destacar que a ocupación hostaleira de xaneiro alcanzou o 50,68 por cento.
martes, 4 feb 2025
A Xunta Goberno aprobou a participación na terceira convocatoria do PERTE do Ciclo da Auga do Goberno de España e financiado cos fondos europeos Next Generation EU. O importe é de 7,3 millóns para a creación dun centro intelixente de xestión da auga.
luns, 3 feb 2025
Abel Caballero mantivo unha xuntanza co ministro para la Transformación Dixital, Óscar López, e o secretario de Estado de Telecomunicacións, Antonio Hernando, onde abordaron a consolidación do proxecto SPARC. “A fábrica de microchips fotónicos marcará unha época en España e Europa”, afirmou o alcalde.
venres, 31 xan 2025
O alcalde inaugurou este venres xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades, a XVII edición de Galiexpo Motor Show, que permanecerá aberta ata o domingo 2 de decembro no Instituto Feiral de Vigo. Abel Caballero asegurou que a cita feiral do motor "é máis que unha feira e unha exposición, porque é unha parte da cultura de Vigo, moi relacionada coas tecnoloxías, cunha forma na modernidade e con competir e gañar aos mellores do mundo". Tamén destacou a economía que produce a mostra remarcando a necesidade de que Vigo conte con infraestruturas como o novo trazado da autovía de Madrid a Vigo que, "con trinta anos de atraso, teremos acabada a través dun túnel de 4,5 quilómetros ata Porriño para enlazar directamente coa A52, coa que evitaremos as zonas terribles de subir ao Meixoeiro e iso é clave na economía de Vigo", así como a gratuidade da autoestrada AP9 desde Tui ata Ferrol.
venres, 31 xan 2025
O alcalde avanzou este venres que o obxectivo municipal con este cambio da normativa é dar axilidade ao trámite de concesión de licenzas urbanísticas, amais de adaptar a norma aos cambios lexislativos dos últimos anos.
venres, 31 xan 2025
A aeroliña modificou unilateralmente o cadro de voos dos meses de xullo e setembro da ruta a Londres, pasando de 3 a 2 frecuencias semanais. O Concello ten aberto outro expediente sancionador por contravir os acordos para a promoción turística.