Vigo presenta un proxecto para a dixitalización do ciclo da auga
A Xunta Goberno aprobou a participación na terceira convocatoria do PERTE do Ciclo da Auga do Goberno de España e financiado cos fondos europeos Next Generation EU. O importe é de 7,3 millóns para a creación dun centro intelixente de xestión da auga.

Abel Caballero presentou o proxecto para a dixitalización do ciclo da auga que ten un importe de 7,3 millóns de euros. A Xunta de Goberno aprobou a participación na terceira convocatoria do PERTE do Ciclo da Agua do Goberno de España e financiado cos fondos europeos Next Generation EU.
Os fondos provenientes de Europa serán 6 millóns de euros e o resto correrán a cargo de Aqualia. Segundo explicou o alcalde, isto supón a creación dun centro intelixente de xestión do ciclo da auga para monitorizar, vixilar e controlar todo o servizo en tempo real.
“Imos obter os datos de posibles problemas e saberémolo ao instante”, expresou o rexedor, que tamén explicou que a acción da dixitalización afecta ao ciclo completo da auga, comezando na captación, pasando pola potabilización, distribución, sumidoiros e rematando na depuración.



