O Goberno de España apoia o proxecto de microchips fotónicos de Vigo
Abel Caballero mantivo unha xuntanza co ministro para la Transformación Dixital, Óscar López, e o secretario de Estado de Telecomunicacións, Antonio Hernando, onde abordaron a consolidación do proxecto SPARC. “A fábrica de microchips fotónicos marcará unha época en España e Europa”, afirmou o alcalde.

Abel Caballero, acompañado do delegado da Zona Franca, David Regades, e a tenente de alcalde e senadora, Carmela Silva, presentaron a fábrica de microchips fotónicos de Vigo ao Ministerio para la Transformación Dixital. Consolídase así o apoio do Goberno de España ao proxecto SPARC, “que marcará unha época en España e Europa”, segundo manifestou o rexedor.
O alcalde lembrou que Zona Franca xa está a abordar o edificio que albergará a construción destes pequenos dispositivos “que poden ter unha gran dimensión no sector da automoción”. Caballero subliñou a importancia da fábrica “porque inicia unha senda industrial que en cinco, dez ou quince anos vai ser unha revolución en Europa”. Tamén puxo de manifesto o valor de asentar esta nova industria na cidade, porque “haberá unha fábrica en Francia, outra en Alemaña e apareceu Vigo”. A Universidade de Vigo recibiu cinco millóns de euros de fondos europeos para a Cátedra Chip, que formará de xeito especializado aos profesionais da nova factoría.
“Quero agradecer o apoio do ministro e o seu entusiasmo ao coñecer o proxecto. O futuro estará en torno aos microchips”, concluíu.