Estudantado da ESO contempla no Auditorio Municipal o espectáculo de danza "Emovere" da Fundación Igualarte

luns, 10 feb 2025

Abel Caballero puxo en valor este luns o traballo desenvolvido pola Fundación Igualarte ante os 182 alumnos de terceiro e cuarto da ESO de cinco centros docentes que asistiron ao espectáculo de danza "Emovere", que tivo lugar no Auditorio Municipal. O alcalde aseguroulles que "o mellor da cidade sodes vós" e que "agora temos orgullo desta cidade". O estudantado dos IEs Castelao e Teis, dos CPR Andersen e Alba, e do Colexio San José da Guía, asistiron ao espectáculo posto en escena pola compañía "Combai".

O alumnado do CEIP O Pombal participa no programa "Visita o teu Concello"

xoves, 6 feb 2025

O alcalde explicou hoxe aos 48 alumnos de sexto de primaria do CEIP O Pombal, que participan no programa "Visita ou teu concello" , o funcionamento da administración municipal e a importancia da actividade e das decisións que adopta cada día para o benestar da cidadanía de Vigo. A visita realizada este xoves polo alumnado do último curso de primaria do colexio de Lavadores súmase á realizada o martes polos seus compañeiros de cuarto de primaria. Ao longo do curso máis de 2.000 escolares da cidade participan na iniciativa didáctica municipal para fomentar o coñecemento do Concello de Vigo.