Fillas de Casandra abrirá o Entroido o venres 28 cun concerto na Porta do Sol
O Concello avanza no deseño da programación das próximas festas de Entroido. Arrincará o venres 28 de febreiro cun concerto do dúo “Fillas de Casandra”, que comezará ás 22.00 horas na Porta do Sol.

Abel Caballero anunciou hoxe que o goberno municipal ten moi avanzado o programa de animación da cidade durante o Entroido, entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo. A partir do concerto de “Fillas de Casandra”, coa que arrincará a celebración, o Concello programou para o luns 3 de marzo a actuación da “Orquestra América” de Vigo na Porta do Sol.
Nos próximos días farase público o resto da programación.