O alcalde anima a inscribirse na Holi Life, que regresa a Samil o domingo: “É a diversión total”

martes, 10 mai 2022

No exterior do Centro Comercial Travesía, Abel Caballero participou este martes na presentación desta cita, que terá lugar o 15 de maio. Tras dous anos de suspensión pola pandemia, de novo Samil recibirá a cor, a música e os disfraces da Holi Life, nunha edición na que a organización agarda congregar ata cinco mil persoas.

O alcalde, “moi esperanzado” logo da conversa coa ministra de Ciencia sobre o Oceanográfico de Vigo

martes, 10 mai 2022

Segundo revelou este martes en rolda de prensa, Abel Caballero a Diana Morant mantiveron unha charla sobre o Centro Oceanográfico de Vigo e a descentralización das sedes do Instituto Español de Oceanografía. “Imos agardar acontecementos”, expuxo o rexedor vigués, “pero despois desa conversación saio moi esperanzado polo que a ministra me transmitiu”.

Abel Caballero súmase a celebración do Día de Europa

venres, 6 mai 2022

O alcalde participou no acto da Axencia Europea de Control da Pesca que organizou un acto con motivo do Día de Europa, que celébrase o 9 de maio. Un acto no que conmemórase a sinatura da Declaración de Schuman (1950) e reivindicamos que a Europa de todas as persoas, do progreso e da paz recupere o protagonismo para traballar pola solidariedade. Caballero subliñou que "no contexto actual a Declaración de Schuman cobra, se cabe, moita máis importancia que en anos anteriores. Precisamos traballar pola paz e unidade en Europa, e pola recuperación dos valores que sempre a caracterizaron"

Vigo recibe ao Cristo da Guía, que será instalado na ermida a próxima semana

xoves, 5 mai 2022

Construída pola Escola provincial de canteiros e cedida pola Deputación, a escultura de seis metros de alto e seis toneladas de peso chegou este xoves a Vigo en seis pezas, que serán ensambladas sobre a torre da ermida da Guía entre o luns e o mércores da próxima semana. Abel Caballero salientou que se completa así o proxecto arquitectónico de Gómez Román para a capela, que data de 1951.