Escoitar

A Casa das Artes e a Casa da Cultura Galega exporán a obra de Francisco Torrón e Telmo Meana

A próxima semana, a partir do martes 18 e do venres 21, a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura acollerán dúas novas exposicións coas obras de Francisco Torrón e de Telmo Meana, segundo avanzou hoxe o alcalde.

mércores, 12 feb 2025

Abel Caballero explicou este mércores que desde o próximo martes 18 de febreiro ata o 20 de abril a Casa das Artes despregará a exposición antolóxica de Francisco Torrón, titulada “Silencio roto”. Lembrou que o artista restaurou unha gran cruz de nácar, así como un retablo, que se atopan no Museo de Castrelos.

O venres 21 de febreiro a Casa Galega da Cultura abrirá a mostra coa obra do fotógrafo Telmo Meana titulada “O estandarte dos vencidos”, que permanecerá aberta ata o 27 de abril.

“Son dúas exposicións que forman parte da reconfiguración artística que queremos dar á cidade “, remarcou Caballero ao indicar que a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes “teñen que ser elementos de dinamización cultural na nova dimensión dos museos da cidade de Vigo".

Descargar todas as imaxes