Escoitar

A “mellor edición” da historia da Festa da Brincadeira de Bouzas será do 9 ao 11 de maio

A Festa da Brincadeira de Bouzas crece. Este ano contará con 150 postos de gastronomía máis actividades culturais, e con máis espazo ao estenderse á contorna do adro da Igrexa e do paseo marítimo. “Estableceuse como unha das grandes festas de Vigo e de Galicia”, afirmou este venres o alcalde ao presentar o programa da “gran romaría” urbana que terá lugar a fin de semana do 9 ao 11 de maio.

venres, 14 feb 2025

Abel Caballero avanzou hoxe que “imos conseguir” que a Festa da Brincadeira de Bouzas sexa declarada de interese galego e nacional porque xa se consolidou como un dos grandes eventos de Vigo, “con fortísimo contido cultural e gastronómico”.

A edición de 2024 contou con 28 actuacións, a asistencia de 30.000 persoas e o despregamento de 130 postos, que este ano aumentarán ata 150. O rexedor destacou que o programa incluirá numerosos concertos e actividades que garanten a “diversión e o bo clima social e cultural”.

“Este ano ímolo petar máis que o ano pasado. A mellor edición da historia”, afirmou Abel Caballero.

Concurso

A presidenta e o secretario da Asociación de Amigos da Historia de Bouzas, Vanesa Domínguez e José Manuel Vidal, recomendaron asistir á celebración festiva, os días 9,10 e 11 de maio, vestidos de época, apuntando que traballan para conseguir a declaración como Festa de Interese Galego e Nacional.

O escenario grande, onde se celebran os concertos e o concurso de traxes, trasládase ao adro de la Iglesia de Bouzas xa que ata o de agora estaba na Alameda.

Descargar todas as imaxes