Escoitar

O MARCO acolle unha xornada de diálogo cultural entre o sur de Galicia e Portugal

“Queremos fortalecer o diálogo cultural transfronteirizo, o diálogo entre todo o sur de Galicia, centrado en Vigo, e a raia que segue ata Lisboa, avanza Abel Caballero.

venres, 14 feb 2025
Cartel do evento
Cartel do evento

O vindeiro martes, 18 de febreiro, o Concello organiza a xornada “Diálogos abertos. Trazando liñas de bambú” co obxectivo de abordar as relacións culturais entre Galicia e o norte e o conxunto de Portugal. Celebrada no Marco, participarán técnicos e expertos culturais de Viana do Castelo, Vilanova de Cerveira, Porto e, Lisboa.

O alcalde explicou que “queremos fortalecer o diálogo cultural transfronteirizo, o diálogo entre todo o sur de Galicia, centrado en Vigo, e a raia que segue ata Lisboa a través de Portugal. Precisamos unha mellor articulación dos espazos turísticos, industriais, culturais e queremos establecer diálogo con Portugal en todos estes ámbitos”.

Para Caballero esta xornada brinda a oportunidade de “iniciar un novo diálogo cultural con Portugal”. A entrada ao evento será libre ata completar o aforo e poderá seguirse por streaming a través do Youtube do Marco.

Descargar todas as imaxes