Escoitar

As fontes de Aragón ilumínanse o 15 de febreiro de dourado polo Día Mundial Contra o Cancro Infantil

O Concello súmase mañá, 15 de febreiro, á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro Infantil coa iluminación en dourado das fontes de Aragón e anima á cidadanía a participar no lazo solidario ás 9:45h na Gran Vía fronte ao Corte Inglés en colaboración con ASANOG. A xornada ten como obxectivo sensibilizar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, adolescentes e as súas familias. Instarouse en Luxemburgo, en 2001, para concienciar á poboación sobre esta enfermidade, diagnosticar a tempo e ter tratamentos efectivos.

venres, 14 feb 2025
Descargar todas as imaxes