O rexedor asiste á inauguración do novo Centro de Ciberseguridade de Telefónica na rúa Urzáiz
Na súa intervención no acto, o alcalde explicou que o Concello, concienciado sobre a transcendencia da seguridade nun contexto de constantes ciberataques que comprometen tanto á cidadanía, como ás institucións públicas e ás empresas privadas, desprega “todo o posible” para afrontar as agresións informáticas, incluído un sistema propio.

Abel Caballero defendeu hoxe, ao inaugurar o Centro de Talento e Tecnoloxía de Telefónica en Vigo, a importancia de ter “a capacidade técnica, tecnolóxica e a organización para defendernos de forma permanente contra os ciberataques porque a ciberseguridade é o máis importante”.
O alcalde, tras incidir en que a ciberseguridade “é unha carreira sen fin” que require a institucións, empresas e particulares, a “correr máis” que os delincuentes, destacou o papel de Telefónica en proporcionar seguridade informática aos usuarios e no traballo co Concello de Vigo.
Dirixíndose ao reitor da Universidade de Vigo, Caballero instou a “ser os primeiros” en formación para desenvolver sistemas de seguridade. “Temos que estar na cabeza”, recalcou. Lembrou que a universidade recibiu cinco millóns de euros do Goberno para formar aos futuros profesionais da nova fábrica de microchips que se construirá na cidade.

