Caballero felicita a Women in Retail pola súa implantación en Galicia

luns, 24 feb 2025

O alcalde acudiu ao evento de presentación da comunidade profesional Woman in Retail en Galicia, unha agrupación de 300 mulleres líderes na industria retail en máis de 17 sectores. Caballero celebrou o seu labor nas cidades: "Quero un modelo de cidade no que o retail ocupe o seu espazo", expresou nas xornadas ante un centenar de persoas no salón do Real Club Náutico. O rexedor felicitou á organización e agradeceu a súa forma de facer economía con moita calidade.

Vigo dedica 87.000 euros á programación do Entroido

venres, 21 feb 2025

A Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais” recibirán do Concello de Vigo unha subvención de 87.000 euros para organizar os actos do entroido de 2025. "Que teñan medo e que se preparen Cádiz e Río de Janeiro que imos a por eles", recalcou.

As fontes de Aragón ilumínanse este xoves de verde polo Día Mundial Contra do Cancro en Vías Biliares

mércores, 19 feb 2025

O Concello súmase mañá, 20 de febreiro, á conmemoración do Día Mundial do Cancro en Vías Biliares coa iluminación das fontes de Aragón de cor verde. Cada terceiro xoves de febreiro celébrase o Día Mundial do Cancro en Vías Biliares (colangiocarcinoma) co obxectivo de incrementar o coñecemento sobre este tipo de cancro pouco coñecido pero en aumento. Ademais trata de informar sobre os factores de risco, síntomas e a importancia dun diagnóstico temperán para mellorar o prognóstico. Tamén se trata de dar visibilidade a esta enfermidade, apoiar a quen a enfronta e destacar a importancia da investigación para avanzar no seu diagnóstico e tratamento.