Caballero mantivo un encontro cos responsables da Fundación Banco Sabadell

mércores, 19 xul 2023

O primeiro edil vigués recibiu hoxe a Miquel Molins (Presidente da Fundación Banco Sabadell); Adolfo García (Director institucional) e a Pablo Junceda (Dirextor Xeral de Sabadell Gallego). Nesta visita os responsables da Fundación Sabadell trasladáronlle o rexedor que se realizará o acto de entrega do "Premio Nacional a la Sostenibilidade Mariña 2023" na cidade de Vigo o vindeiro 15 de novembro de 2023. Na súa II edición quere recalcar o seu compromiso co apoio e o fomento á formación e a investigación neste ámbito.

Caballero recibe ao embaixador de Austria

martes, 18 xul 2023

O alcalde e o embaixador de Austria, Enno Drofenik, mantiveron una xuntanza de cortesía na Alcaldía. Ambos os dirixentes puxeron en común cuestións relevantes como a cultura: "Viena é referente no ámbito cultural e da música. Tivemos a idea de facer cooperación neste ámbito, tamén con Francia e Irlanda, co obxectivo de estar na cooperación da música de distintos países", expresou Caballero.

Vigo recibe aos responsables de pesca da Unión Europea

luns, 17 xul 2023

O Pazo de Castrelos foi o escenario da benvida aos ministros e ministras de Pesca e Agricultura da Unión Europea. Vigo é durante este luns e o martes 18 de xullo a sede da xuntanza de Pesca dentro da presidencia española do Consello da Unión Europea. Abel Caballero recibiu aos mandatarios que traballarán estes días nas políticas do sector pesqueiro da UE, centrados principalmente na descarbonización do sector e a innovación. O alcalde trasladoulles o bo facer de Vigo neste ámbito e puxo de manifesto ante os ministros e ministras o seu apoio ás medidas pesqueiras sempre que sexan avaladas pola ciencia: "Quero citar a decisión sobre a pesca en augas profundas da UE, que non comparto". Caballero invitou aos asistentes a gozar da cidade: "Estades na mellor cidade do mundo", expresou ao final do seu discurso.

O alcalde prepara coa Confraría a celebración da procesión do Cristo da Victoria

luns, 10 xul 2023

Abel Caballero mantivo un encontro este luns coa Irmá Maior da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria, Marora Martín-Caloto e coa Xunta Permanente, para analizar e preparar “todo o relativo á procesión” que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de agosto, ás 19:30 horas da tarde. O percorrido, con saída desde a Basílica-Concatedral, a atención das persoas voluntarias, a presenza policial e a participación de tódalas confrarías foron algúns dos temas tratados na reunión.

O alcalde recibe ao novo Cónsul Honorario do Perú en Vigo

xoves, 6 xul 2023

Abel Caballero e Marco Antonio Gonzáles Menéndez mantiveron este xoves a súa primeira entrevista, logo da súa incorporación ao Corpo Diplomático da cidade, en representación da comunidade peruana que é "importantísima" en Vigo. O rexedor trasladoulle o apoio municipal no labor que desenvolve o Consultado e, entre outros asuntos, abordaron a presentación que organizan no Pazo de Castrelos para presentar o proxecto de traballo de cara aos próximos anos.

A FEMP celebra a súa XIII Pleno o 23 de setembro

martes, 4 xul 2023

A Xunta de Portavoces, reunida hoxe baixo a presidencia de Abel Caballero, convocou o Pleno para esa data. O Palacio Municipal de Congresos, en Madrid, acollerá novamente ao máximo órgano de Goberno da Federación. No Pleno marcaranse as liñas de traballo para o mandato 2023-2027 e elixirase aos órganos de Goberno que as conducirán durante ese período.