venres, 8 ago 2025
Abel Caballero asistiu hoxe aos traballos finais da montaxe do circuíto da competición de descenso urbano de Mountain Bike. Programada para mañá no Festival O Marisquiño, a proba discorre desde o monte do Castro ata A Laxe.
venres, 8 ago 2025
O rexedor explicou que “a baixa pluviosidade dos últimos días significou unha caída e diminución das reservas hidráulicas nos encoros de Vigo”, aínda que aclarou que “non hai un risco de desabastecemento neste intre”, pero si que se tomarán medidas para optimizar os recursos dispoñibles.
venres, 8 ago 2025
Abel Caballero indicou que o estudio informativo complementario para a avaliación de impacto ambiental é "obrigado por lei e garante o acordado co Ministerio, que é poder ter o estudo informativo e a exposición pública en febreiro de 2027". O estudo inclúe unha campaña hidroxeolóxica e xeotécnica, que continuará os estudos hidroxeolóxicos realizados e a adaptación da solución técnica á normativa actual. O contrato adxudícase por un importe de 835.660 euros e o prazo de execución será de 24 meses. Para o rexedor, este estudo supón unha mostra do compromiso con Galicia e ,en concreto, coa cidade de Vigo; e está en liña coa Estratexia de Moblidade Sostible, Segura e Conectada 2030 desenvolvida polo Ministerio.
xoves, 7 ago 2025
O alcalde mantivo un encontro este xoves co reitor e a vicerreitora de investigación da Universidade de Vigo con quen abordou a demanda da cidade de contar "cunha facultade de Medicina que ten que ser establecida inmediatamente”. “Vou facer todo o que sexa preciso para que a haxa”, recalcou ao incidir que nesta reclamación conta co apoio “masivo” da cidadanía.
xoves, 7 ago 2025
O alcalde informou este xoves da participación de catro efectivos cun vehículo autobomba nas tarefas de sufocación do incendio en Salceda, logo de colaboraren o martes nos lumes da Costa da Morte.
xoves, 7 ago 2025
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este xoves o barrio de Ribadavia para coñecer o resultado do proxecto artístico co que o Concello e a veciñanza queren recuperar a vida do barrio a través do debuxo e a pintura.
xoves, 7 ago 2025
O rexedor destacou que “constará de dous espazos diferenciados”, street e park. Hoxe arranca a edición número 25 de O Marisquiño.
mércores, 6 ago 2025
Abel Caballero explicou que a conselleira de Saúde de Extremadura mostrou a súa desconformidade coa retirada de Cáceres, e logrou reincorporala, mentres que a Xunta de Galicia “non defendeu a Vigo, quedou calado porque está encantado con que sexan todos en Santiago”
mércores, 6 ago 2025
O alcalde deu conta este luns das axudas que vén de conceder o Concello para sufragar gastos de alimentación, vivenda ou subministros no marco da política social municipal. Amais, visitou a instalación da pista de BMX do festival O Marisquiño en Samil. Caballero visitou as últimas montaxes de O Marisquiño.
martes, 5 ago 2025
O deportista vigués vén de lograr outro éxito ao gañar, xunto ao holandés Ruben Spaargaren, a categoría de dobres de tenis en cadeira de rodas no emblemático torneo de Wimbledon. Martín de la Puente trouxo consigo a copa obtida no torneo británico, o seu segundo grand slam tras ser o Campión do Aberto de Estados Unidos en 2022. Nos último tempos, o tenista vigués tamén alcanzou o éxito coa medalla de bronce dos Xogos de París.