Abel Caballero: “A cidade estivo en España e no mundo co desenvolvemento do Vigo Global Summit”

xoves, 29 xuñ 2023

O alcalde e presidente de Zona Franca fixo balance positivo do congreso de economía Vigo Global Summit que se desenvolveu o martes e mércores no Auditorio Mar de Vigo e organizado polo ente depende do Ministerio de Hacienda. “Vou propoñer que sexa bienal”, declarou aos medios. Un evento no que participaron os Nobel de Economía, Paul Krugman e Abhijit BanerJee, entre outras autoridades no mundo económico. “Vigo estivo en España e no mundo ocupando un lugar tan notable neste ámbito”, afirmou.

O alcalde recibe aos policías que inician as súas prácticas na cidade

mércores, 28 xuñ 2023

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores cos 21 novos axentes que se incorporan á Policía Local no seu período de práctica profesional. O rexedor trasladoulles o seu “apoio e confianza no papel de acción e formación” que van desenvolver e recoñeceu a complexidade do seu traballo, unha tarefa que valora a cidadanía, sinalou, e que contribúe á “vertebración e cohesión de Vigo. Ides facer unha tarefa moi importante”.

Abel Caballero recibe ao novo delegado do Goberno

martes, 27 xuñ 2023

Ambos os mandatarios mantiveron unha xuntanza de cortesía na Alcaldía onde analizaron os temas que a cidade ten en marcha xunto ao Goberno de España e os fondos europeos Next Generation EU, que a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia xa sufragan en Vigo investimentos por valor de 75 millóns de euros.

Vigo acollerá xornadas de difusión sobre o naval

xoves, 22 xuñ 2023

O alcalde mantivo unha xuntanza coa Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos na que iniciaron un proceso de cooperación para dar a coñecer o sector naval. Nesta reunión acordouse comezar coa organización dunhas xornadas para a difusión dos buques oceanográficos, poñer en valor o PERTE do naval e dar a coñecer o estado do sector en España, as tecnoloxías de construción e interacción co mundo da pesca. Caballero agradeceu o interese por Vigo e manifestou o seu interese pola iniciativa a Jorge Dahl, o decano territorial.

Abel Caballero: "A tecnoloxía seguirá a ser a responsable de máis avances de benestar"

martes, 20 xuñ 2023

O alcalde estivo presente na inauguración da feira Mindtech, a exposición referente do sector industrial do Polo Ibérico na que están presentes as empresas líderes do metal e as súas tecnoloxías asociadas tanto a nivel nacional como internacional. Abel Caballero subliñou no seu discurso a importancia da tecnoloxía nos avances do benestar. Amais, puxo Vigo de referente como "cidade da economía" no que ten tanto peso o sector industrial, tanto naval, como o automobilístico ou a propia pesca. Caballero percorreu a feira acompañado doutras autoridades nas que comprobou de primeira man as novidades tecnolóxicas na industria a nivel mundial.