Escoitar

O Concello inicia a humanización da rúa Pintor Colmeiro, cun investimento de 2,5 millóns de euros

O Concello iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Pintor Colmeiro, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, na que se instalarán catro rampas mecánicas cubertas e que teñen un importe de 2,5 millóns de euros.

martes, 22 xul 2025

O alcalde explicou que o tramo onde se construirán as catro ramplas mecánicas, cunha pendente do 10 por cento, contará con melloras que facilitarán o acceso ao centro de saúde.

As novas ramplas estarán cubertas por unha estrutura aporticada aberta cara ás fachadas das vivendas. A humanización supoñerá a ampliación da superficie destinada aos peóns, así como a mellora e renovación dos servizos de saneamento e abastecemento, ademais de nova pavimentación, luminarias e o incremento das zonas verdes. Tamén se instalará un novo mobiliario urbano.

 

Descargar todas as imaxes