O Concello concederá a partir do 27 de agosto as primeiras licencias co novo PXOM

luns, 4 ago 2025

A partir do mércores 27 de agosto o Concello iniciará a concesión de licenzas axustadas ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, ao superar o prazo de 15 días tras a publicación do documento, este luns, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. “Un notición, o mellor que podiamos escoitar porque o novo plan significará que xa podemos empezar a outorgar as licenzas axustadas ao novo ordenamento xurídico” afirmou o alcalde.

O rexedor dá a benvida ao novo delegado da Axencia Tributaria en Vigo

venres, 1 ago 2025

Caballero recibiu a Antonio Temprano Gutiérrez, novo delegado da Axencia Tributaria en Vigo, para felicitalo polo seu novo cargo na Administración. Temprano, xa afincado en Vigo, asume o cargo logo de traballar na área telemática da AEAT. O alcalde puxo en valor "a súa profesionalidade e a súa gran traxectoria a pesar de ser moi novo". Tamén louvou o seu entusiasmo co novo traballo.