Escoitar

Vigo bate récord de ocupación hostaleira en xullo co 85,85 por cento

Vigo rexistrou o pasado mes de xullo o mellor dato de ocupación hostaleira co 85,85 por cento das prazas contratadas. “Batemos o récord que houbo nunca de ocupación hostaleira en xullo”, segundo recalcou este martes o alcalde.

martes, 5 ago 2025

Abel Caballero destacou hoxe que os datos de ocupación dos hoteis de Vigo do pasado mes de xullo superan en 12,73 puntos aos do ano pasado e melloran nun 3,81 por cento aos de 2019 que obtivo a mellor referencia dos últimos 8 exercicios. “O mellor dato de ocupación que nunca houbo na cidade”, recalcou.

Os turistas permaneceron unha media de 2,23 días nos hoteis da cidade.

O alcalde explicou que o 54 por cento dos visitantes desprázanse desde distintas comunidades autónomas españolas; o 6 por cento son de Galicia e o 54 por cento son de procedencia internacional.

O maior número de viaxeiros internacionais proceden de Portugal, seguidos de estadounidenses, italianos, alemáns, franceses e ingleses. “Vigo é unha potencia turística en España, que é o mesmo que dicir unha potencia turística no mundo·, apuntou.

Mínimo histórico de parados en Vigo

O rexedor puxo en valor hoxe os datos de emprego de xullo por constatar que Vigo rexistrou o “mínimo histórico de parados”, cun descenso do 8,5 por cento. “Significa que a economía de Vigo está a ter unha marcha extraordinariamente importante. É a mellor noticia que podemos ter e aquí está a contribuír de forma notable o boom turístico e isto cunha boa conciliación co benestar da cidade, da xente e da afluencia dos turistas que se mimetizan coa cidadanía de Vigo e que, por tanto, non hai a máis mínima dificultade para ter todo este tirón económico”.

Caballero afirma aspirar a “que teñamos unha economía aínda máis potente no futuro”.

Descargar todas as imaxes