A participación na "Noite Branca" crece un 30% e capta o interese de preto de 4.000 persoas
A "Noite Branca", celebrada o pasado sábado en todos os museos da rede municipal, rexistrou o maior número de participantes de todas as organizadas polo Concello coa asistencia de preto de 4.000 persoas, que representan un incremento do 30 por cento con respecto a 2024.

Abel Caballero destacou este martes que entre as numerosas actividades organizadas a pasada fin de semana con motivo da “Noite Branca” destacou a afluencia ao Museo de Castrelos, con 1.000 visitas.
A Casa das Artes, así como a Fundación Laxeiro recibiron a visita doutras 600 persoas ás que hai que sumar as realizadas ao Museo MARCO e á Pinacoteca. “Un balance cultural excepcional e continuaremos facendo Noites Brancas porque é a forma de mimetizar a cultura coa cidade de Vigo”, afirmou o alcalde.