As reservas para India Martínez sairán á venda o venres 8 de agosto
O rexedor vigués recordou que a artista actuará no auditorio de Castrelos o vindeiro sábado 16 de agosto. Tamén destacou que Jason Derulo “peutouno” cun “concertazo”.

Abel Caballero explicou esta mañá os detalles de venda das 5.000 localidades para poder gozar dende a platea do recital de India Martínez, que teñen un custo de 10 euros.
A venda para o último concerto do “Vigo en Festas 2025”, terá lugar o vindeiro venres 8 de agosto, seguindo o sistema posto en marcha na anterior edición polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña.
Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas “que son nominais e intransferibles”, polo que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.




