Abel Caballero loa o “prestixio tecnolóxico” de GKN nos seu 50 anos de traxectoria en Vigo

xoves, 28 set 2023

No acto de celebración do aniversario de GKN Driveline o alcalde felicitou á empresa polos primeiros cincuenta anos de vida “mantendo o prestixio tecnolóxico” e sendo un referente do sector do automóbil de Vigo, onde “sabemos máis ca ninguén” de coches. O rexedor trasladoulle á directora da planta, Consuelo Domínguez, “o inmenso orgullo que sinto por vós, que levo por todo o mundo” e augurou que desta crise provocada pola pandemia e polas consecuencias da “globalización imperfecta” o sector “sairá reforzado”.

O Maratón Fotográfico de Vigo se celebrarase o 30 de setembro

mércores, 27 set 2023

Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística, presentaron a XXVII edición do Maratón Fotográfico de Vigo, que se desenvolverá entre o 30 de setembro e o 1 de outubro coa novidade da recuperación da fotografía analóxica. O Concello achega 8.000 euros a esta iniciativa.

O alcalde felicita ao alumnado do obradoiro de emprego da Mancomunidade de Vigo

xoves, 21 set 2023

Abel Caballero e Patricia Rodríguez, concelleira da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal participaron este xoves na Casa Galega da Cultura na entrega de diplomas do obradoiro mixto de emprego e formación “Maiv Dual 2023”, promovido pola Mancomunidade de Vigo e financiado con fondos europeos. O rexedor valorou como “importante, longa e completa” a formación que recibiron as arredor de trinta persoas desempregadas, das que catro veñen de atopar traballo.