A Xunta de Goberno Local dá luz verde a adxudicación das obras da nova cuberta da pista vermella de As Travesas
O Concello investirá nesta rehabilitación 250.000 euros. Os traballos serán compatibles co desenvolvemento da actividade deportiva.

O alcalde explicou que a nova cobertura das instalacións municipais deportivas de As Tavesas contará con lucernarios e illamento térmico que conlevan “unha mellora importante” do equipamento deportivo. As obras de reforma compatibilizaranse co desenvolvemento da actividade deportiva, “con toda a seguridade e producindo a mínima molestia posible”, explicou Abel Caballero.
O rexedor recalcou que este novo investimento chega precedido do anuncio da renovación dos vestiarios en nove campos de fútbol municipais.