Escoitar

O Goberno municipal contrata as obras de construcción do macroparque de xogos na Finca Matías

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o expediente de contratación das obras de construción do macroparque de xogos na Finca Matías, que contará cun orzamento de 2.850.000 euros. “Será un inmenso macroparque en dúas grandes plataformas” relatou Abel Caballero.

xoves, 21 ago 2025

“Arrincamos co gran parque da Finca Matías”, iniciou o alcalde, explicando que a execución contará con das dúas grandes áreas de esparcimento. Cada unha contará con zonas de xogo diferenciadas por idade, e incluirán a instalación do novo mobiliario, bancos, papeleiras e fontes de auga.

O macroparque na Finca Matías, situado na zona intermedia na rúa Aragón e Travesía de Vigo, incorporará numerosos xogos, entre os que destacan unha tirolesa. O Concello  tamén dotará ao macroparque cunha ampla zona de céspede e vexetación acorde á zona, tal e como destacou en declaracións o alcalde. Esta obra contará con inversión da Deputación.

Descargar todas as imaxes