O alumnado do IES República Oriental do Uruguai visita o Concello

xoves, 19 out 2023

O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal achéganse ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal

As fontes de Aragón ilumínanse de morado polo cancro de mama e a mastocitose

mércores, 18 out 2023

O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional de loita conta o cancro de mama, que se celebra este xoves, 19 de outubro, iluminando de morado as fontes da rúa Aragón. E o venres, con motivo do Día Internacional da Mastocitose e as Patoloxías Mastocitarias as fontes volverán lucir a cor morada para conciencias sobre a realidade das persoas e as familias que conviven con estas enfermidades pouco frecuentes.

Novo programa cultural para facer do Auditorio Mar de Vigo un espazo "imprescindible" en Galicia

mércores, 18 out 2023

Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez, presentaron esta mañá o programa da nova temporada outono-inverno do Auditorio Mar de Vigo. O alcalde explicou que a “excepcional” programación cumpre co obxectivo de converter ao escenario vigués en referencia “imprescindible” do desenvolvemento musical e cultural de toda Galicia.

O encontro literario “Improvisa” marca o inicio do proxecto artístico cultural VigoFem

luns, 16 out 2023

O encontro literario “Improvisa” marca o inicio do proxecto artístico cultural VigoFem, deseñado polo Concello co obxectivo de promocionar ás creadoras de Vigo. A partir das 19 horas ontará daranse cita seis narradoras e poetas que improvisarán varios textos que poderán seguirse de forma simultánea nunha pantalla ao ser recollidos nun soporte dixital. Intervirán Xina Vega, Anna R. Figueiredo e Isabel Blanco, como narradoras e Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradás como poetisas.

O Concello declara 3 días de loito oficial polo falecemento de catro personas nun incendio

mércores, 11 out 2023

O goberno local vén de declarar 3 días de loito oficial polo falecemento de catro persoas, tres menores e unha adulta, no incendio rexistrado na rúa Alfonso X O Sabio no que resultaron feridas varias persoas. O alcalde trasladou "a súa consternación e a súa dor", así como "o máis sentido pésame ás familias". As bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta.