O alcalde chama a participar na Festa da Reconquista coas vestimentas tradicionais

martes, 11 mar 2025

Abel Caballero presentou hoxe, con Carmela Silva, Ana Laura Iglesias, Olga Alonso, Ángel Rivas, e co presidente, o secretario e o membro da Asociación de Veciños Casco Vello, José Fumega, Fiz Axeitos e Gonzalo García, os carteis e o programa da festa da Reconquista. “É unha das grandes festas de Vigo e de Galicia”, reivindicou animando á cidadanía para participar con vestimentas de época.

As fontes de Aragón ilumínanse este luns de vermello polo Día Mundial da Audición

luns, 3 mar 2025

O Concello súmase este luns 3 de marzo á conmemoración do Día Mundial da Audición coa iluminación en vermello das fontes de Aragón. A iniciativa busca promover a detección temperá de calquera tipo de problema ou deterioración auditiva que se poida presentar nas persoas de todo o mundo. Este ano, o lema parte da idea central, xa utilizada en 2024, de cambiar de actitude cara ao coidado dos oídos e a audición.

O Concello desprega un amplo programa de actividades polo centenario da doazón do Pazo de Castrelos

luns, 3 mar 2025

O alcalde presentou este luns, coa primeira tenente de Alcaldía, o concelleiro de Cultura e o director dos museos municipais, o programa para conmemorar o centenario da doazón á cidade do Pazo de Castrelos polo marqués de Alcedo. “Imos poñer de actualidade, no centenario da doazón, o pazo, os xardíns e o parque Quiñones de León ou de Castrelos”, asegurou Caballero.