Disney escolle Vigo para a promoción da estrea de "Blancanieves"

xoves, 13 mar 2025

O rexedor achegouse esta mañá ao Farol de Urzáiz, localización onde Disney instalou un dos elementos máis icónicos da película: a mazá. Trátase dun elemento que supera os 3 metros de altura, que pesa uns 120 quilogramos, que contén o título do filme e a data de estrea, o vindeiro venres 21 de marzo. Caballero sinalou que Disney presenta o filme "na mellor cidade de España que é Vigo", explicando que na historia de Blancanieves "os soños fanse realidade, como na nosa cidade". Protagonizada por Rachel Zegler e Gal Gadot, realiza unha versión renovada do clásico de 1937.

Alumnado do CEIP Eduardo Pondal achéganse á historia da Reconquista co programa "Aventura no Vigo Vello"

xoves, 13 mar 2025

Abel Caballero animou hoxe ás 48 alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria do CEIP Eduardo Pondal, que participan no programa educativo municipal "Aventura no Vigo Vello. Reconquista 2025", a gozar do coñecemento da historia da cidade percorrendo os enclaves fundamentais da xesta protagonizada polos vigueses no ano 1809 coa expulsión das tropas napoleónicas. Preto de 1.000 escolares participarán nas recreacións dramatizadas guiadas por actores que interpretan os papeis do alcalde Vázquez Varela, do soldado francés Pierre de la Pierre e da taberneira Xoana Rial.

O Concello inicia o programa didáctico "Aventura no Vigo-Vello-Reconquista 2025" no que participarán 20 colexios

mércores, 12 mar 2025

Abel Caballero explicou hoxe ao alumnado de quinto e sexto de primaria do Colexio Labor, que son os primeiros en participar na iniciativa didáctica, a transcendencia da histórica xesta protagonizada en 1809 pola cidadanía ao expulsar as tropas francesas. "Queremos que os escolares entendan a historia e que penetren nela entretidos e divertidos", afirmou.

Caballero eloxia a calidade da automoción viguesa na inauguración do 34º Salón do Automóbil de Vigo

mércores, 12 mar 2025

Esta tarde deu inicio unha nova edición do Salón do Automóbil de Vigo, o evento de referencia para os amantes do motor en Galicia. Dende hoxe e ata o 16 de marzo, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acolle máis de 20.000 m² de exposición, nos que se reúnen os principais fabricantes do sector, que presentan as súas novidades máis destacadas. Nesta edición, preto de 40 marcas ofrecen aos asistentes unha ampla variedade de opcións de compra, desde os vehículos máis punteiros en tecnoloxía eléctrica e híbrida ata os clásicos de gasolina e diésel. O público poderá gozar, ademais, dunha variada oferta de lecer relacionada co mundo do motor, con exposicións de superdeportivos, coches de rally, entre outras opcións.

Alumnado do CEIP Illas Cíes percorre as dependencias municipais dentro do programa "Visita ao teu Concello"

martes, 11 mar 2025

O alcalde recibiu hoxe no Salón de Plenos do Concello aos 50 alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Illas Cíes que participan no programa didáctico "Visita ou teu concello" . Explicoulles o funcionamento da administración municipal e a importancia da actividade e das decisións que adopta cada día o Concello para garantir o benestar da cidadanía de Vigo. Ao longo do curso máis de 2.000 escolares da cidade participan na iniciativa didáctica municipal para fomentar o coñecemento do Concello de Vigo.