O alcalde saúda ao alumnado Erasmus do Colexio Losada

luns, 5 mai 2025

Abel Caballero saudou este luns aos 15 alumnos de terceiro de Educación Secundaria que participan no programa Erasmus do Colexio Losada, entre os que se atopan 7 estudantes residentes na localidade francesa de Avignon. O alcalde animounos a gozar da visita organizada para coñecer os escenarios clave da cidade e de forma especial o xacemento e os túneles do Castro.

Caballero anuncia que o novo parque de bombeiros en Esturáns estará 100% operativo en dez días

venres, 2 mai 2025

O alcalde anunciou este venres, despois de percorrer o parque de bombeiros Sergio Sanlés coa primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, e o xefe de Bombeiros, Guillermo Domínguez, que as novas instalacións estarán operativas en 10 días. Abel Caballero, tras recordar os 3 millóns de euros investidos, recalcou o salto cualitativo que se rexistra con respecto á antiga dotación do Servizo de Extinción de Incendios de Balaídos. "É unha dimensión completamente distinta", afirmou.

O Concello asistirá a Las Rozas o luns 12 de maio para esixirlle á Federación Española coñecer “absolutamente todo” sobre a selección de sedes

venres, 2 mai 2025

Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo acudirá o luns 12 de maio á sede da Real Federación Española para “esixir toda a información” sobre o proceso de selección de sedes. Este encontro “é preparando o proceso xudicial” para que a Federación “repoña a Vigo como sede porque Vigo gañouno”.

O alcalde anima á cidadanía a anotar o 11 de maio na axenda para participar na "X Andaina polos Montes de Vigo"

mércores, 30 abr 2025

O alcalde chamou este venres á cidadanía, e especialmente ás familias, a anotar nas súas axendas de lecer a "X Andaina polos montes de Vigo", programada para o vindeiro domingo 11 de maio, incluída no programa municipal de educación ambiental "Camiño a Camiño". Os 1.000 participantes previstos percorrerán o Parque Forestal do Vixiador, na Comunidade de Montes de Candeán, en roteiros de 20, 12 e 6 quilómetros, aos que se suma o de 2 quilómetros para os nenos.

Caballero traslada aos clubs de fútbol “a indebida exclusión de Vigo” como sede do Mundial 2030

mércores, 30 abr 2025

Entidades do fútbol local amosaron o respaldo unánime na defensa dos dereitos da cidade durante o encontro organizado esta mañá na Alcaldía. O rexedor vigués criticou o papel do Partido Popular da cidade, tras a súa intervención no Pleno Ordinario de abril no que “deixaron constancia, unha vez máis, do seu apoio a Rafael Louzán e á Federación Española na exclusión de Vigo”.