venres, 17 xan 2025
O alcalde, a primeira tenente de Alcaldía, e o concelleiro de Cultura, presentaron este venres na rúa do Príncipe a programación de VigoCultura, que se desenvolverá durante o primeiro semestre do ano. As entradas para asistir aos 27 espectáculos poderán adquirirse, a partir do luns 20 de xaneiro, na páxina web www.giglon.com, no despacho de billetes do Auditorio Municipal e na librería Libros para Soñar.
venres, 17 xan 2025
A compañía non cumpriu “no número de voos a Londres e a publicidade que está obrigada a facer”.
xoves, 16 xan 2025
O alcalde recibiu este xoves aos 25 alumnos do CPR Miralba Jesuitinas que percorreron as principais dependencias municipais dentro do programa municipal "Visita ou teu Concello". Abel Caballero transmitiulles a importancia e a repercusión das decisións que adopta a institución municipal na calidade de vida da cidadanía de Vigo. O estudantado que participa na iniciativa didáctica, máis de 2.500 alumnos e alumnas ao ano, visitan e reciben información sobre o funcionamento dos servizos máis importantes que presta o Concello, como a Sala de Control de Tráfico.
xoves, 16 xan 2025
O alcalde destacou hoxe, na presentación da XVI edición das carreiras populares “Run Run Vigo 2025” que o crecente arraigamento do programa municipal de atletismo constatouse o ano pasado ao bater o récord do número de probas. “As doce probas anuais fan que Run Run Vigo sexa un dos eventos de atletismo globais dun ano máis importantes dos que se fan en toda España”, afirmou o rexedor ao invitar a cidadanía a participar.
xoves, 16 xan 2025
Abel Caballero anunciou hoxe a contratación das obras de humanización de catorce rúas de dez parroquias do rural por 1.145.000 euros.
mércores, 15 xan 2025
Abel Caballero visitou este mércores as instalacións da empresa Delta Vigo, situadas no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares. Tras percorrer as dependencias industriais co delegado de Zona Franca, David Regades, o presidente da empresa, Francisco Puga, entregoulle o libro de conmemoración dos 75 anos de Delta Vigo. Ante a dirección da empresa e o persoal, o alcalde puxo en valor o traballo e a traxectoria de Delta como un “modelo de industria, con tradición, capacidade tecnolóxica e emprego de alta calidade, competindo con éxito coas mellores empresas do mundo. Delta representa unha parte da alma de Vigo”.
mércores, 15 xan 2025
A comisión municipal de axudas de emerxencia aprobou nos 15 primeiros días de 2025 un total de 73 apoios por valor de 21.650 euros, segundo explicou este mércores o alcalde de Vigo.
mércores, 15 xan 2025
O alcalde avanzou hoxe mércores que o Concello optará este ano a un recoñecemento máis para as praias viguesas: a Bandeira Azul para o areal O Mende en Teis e repite a candidatura para os 5 sendeiros azuis da cidade.
martes, 14 xan 2025
Abel Caballero animou á cidadanía a participar este xoves na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que leva por lema “Reconstruír a Área Sanitaria de Vigo”, para deixar patente o desacordo coa política sanitaria da Xunta de Galicia e reclamar máis recursos. A nova mobilización, que partirá ás sete da tarde desde a Praza de España, conta co apoio dos alcaldes da área, como se constatou na reunión mantida este martes na sede de Zona Franca. “Defendemos a saúde dos vigueses e por iso reclamamos unha sanidade acorde coa cidade”, afirmou o alcalde.
martes, 14 xan 2025
O rexedor vigués, xunto a David Regades, delegado da Zona Franca, e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, deron luz verde ao novo convenio da Cátedra ARDÁN, que establece as bases da colaboración para os vindeiros 4 anos, xa que se estenderá ata 2028, coa posibilidade de realizar unha prórroga por catro anos máis. ARDAN é un servizo singular e pioneiro en España, que acumula premios e recoñecementos da xestión pública. Está baseado en informes e plataformas de información, cunha base de datos de máis de 200.000 empresas en España e series históricas de máis de 25 anos. A misión da Cátedra é contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia a través do deseño, elaboración e difusión de estudos e ferramentas baseados na investigación científica, a transferencia de coñecemento e a vixilancia da contorna empresarial e socioeconómica.