xoves, 10 abr 2025
O goberno municipal prorroga durante un ano o contrato do “Programa Socio-Educativo e de Apoio Familiar” que atende a 390 familias. O importe do servizo ascende a 838.000 euros, segundo avanzou hoxe o alcalde. A este acordo hai que sumar o visto e prace a 97 axudas de emerxencia por un valor superior aos 27.000 euros. “Vigo é a cidade de España coa máis importante política social”, sinalou.
mércores, 9 abr 2025
O alcalde chamou hoxe aos 250 estudantes de quinto e sexto de primaria do CEIP Ría de Vigo, CEIP O Selo, CPR Escolas Nieto, CPR Monterrey, CEIP Balaídos e do CEIP Javier Sensat, que participan no concerto didáctico "Ruralsóns. As músicas do calendario" a cargo do profesorado da ETRAD, a interesarse pola música e a gozar da interpretación de pezas tradicionais. Caballero destacou a calidade dos intérpretes da ETRAD que levan aos escenarios composicións de música folk galega.
mércores, 9 abr 2025
Abel Caballero saudou este mércores aos 17 alumnos do CEIP Paraixal e aos 27 do Colexio Compañía de María María que participan no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025" co que percorren os puntos estratéxicos da recuperación en 1809 de Vigo da ocupación das tropas napoleónicas. O alcalde animounos a interesarse por estudar a historia da cidade, especialmente de episodios de gran transcendencia como o inicio da Reconquista desde Vigo, así como a gozar do programa educativo creado polo Concello para potenciar o interese polos acontecementos ao redor da liberación da cidade das forzas militares do emperador francés.
mércores, 9 abr 2025
O alcalde expuxo hoxe aos directivos da Academia de Cine, que esta semana desenvolven en Vigo o programa “Rueda", que Vigo se converta en “punto fixo” e “cidade anfitrioa” da programación que na actualidade reúne a 50 cineastas. “Mentres sexa alcalde, as portas de Vigo están abertas ao cinema”, asegurou.
martes, 8 abr 2025
O alcalde recibiu hoxe, coa concelleira de Educación, aos 40 estudantes de segundo de Educación Secundaria do IES Castelao que percorren as instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". Caballero, ademais de escoitar as disintas propostas para a cidade expostas polo alumnado, referiuse aos numerosos servizos que presta o Concello á cidadanía para garantir o seu benestar, así como a importancia da administración municipal para todos os vigueses.
martes, 8 abr 2025
Os 50 alumnos do Colexio Compañía de María que participan este martes no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025", organizado polo Concello para que os escolares de Vigo avancen no coñecemento dun dos episodios máis importantes de Vigo, foron animados por Abel Caballero a gozar dunha actividade coa que percorren os principais enclaves da xesta, así como a interesarse pola historia da cidade. Desde o xoves 27 de marzo, preto de 1.000 escolares de quinto e sexto de Educación Primaria participaron das visitas teatralizadas coa interpretación do alcalde Vázquez Varela, o militar napoleónico Pierre da Pierre e a taberneira Xoana Rial.
martes, 8 abr 2025
O alcalde invitou aos 247 estudantes do CPR Possumus, do CEIP Seis do Nadal, do CEIP A.R. Castelao, do CEIP A Paz Tintureira e do CEIP Igrexa Valadares, a gozar do concerto didáctico organizado este martes pola Escola Municipal de Música folk e Tradicional (E-TRAD) no Auditorio Municipal. O Concello organiza ata o xoves un ciclo de concertos para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de 24 colexios da cidade co que dar a coñecer a cultura musical e instrumental galega así como o labor da escola municipal. “Gozade da música tradicional galega do Rural Sons, magníficamente interpretada" sinalou o alcalde .
martes, 8 abr 2025
O bus turístico volverá estar operativo esta Semana Santa, desde o sábado 12 ata o domingo 20 de abril, cun percorrido polos principais puntos de interese da cidade, segundo anunciou este martes o alcalde.
martes, 8 abr 2025
O alcalde avanzou este martes que o Servizo de Teleasistencia do Concello de Vigo atendeu a 772 persoas no pasado mes de marzo.
luns, 7 abr 2025
Abel Caballero visitou este luns, cos concelleiros Carmela Silva e Ángel Rivas, o novo cruceiro instalado na Praza da Consolación, xunto á parroquia de San Martín, que foi creado pola Escola de Cantería de Galicia coa colaboración da Deputación de Pontevedra durante a presidencia da actual primeira tenente de alcaldía. O monumento inclúe unha dedicatoria á "Xente de Coia".